Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Boqueixón

Pico Sacro, mitos e lendas

A Deputación e o Concello de Boqueixón unirán forzas para valorizar o Pico Sacro

Un momento da presentación do documental sobre o Pico Sacro no centro de interpretación do monte

Boqueixón, 12/06/2026 – O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, participaron na presentación do documental “Pico Sacro, monte de mitos e lendas”,  unha produción audiovisual que afonda na riqueza histórica, cultural, relixiosa e natural deste enclave singular.

Un vídeo que poderá contemplarse no Centro de Interpretación do Pico Sacro, onde foi proxectado diante de máis de setenta persoas, e que segundo o alcalde de Boqueixón é un elemento máis para poñer en valor esta zona.

Rodeiro adiantou que “imos ter un técnico de turismo durante todo verán poñendo en valor o Pico Sacro, onde tamén haberá unha food-truck, para que a xente poida tomar algo e desfrutar da experiencia dos atardeceres dende o monte Ilicino”.

Proxecto a nivel provincial

O alcalde destacou que “o Pico é o elemento sobre o que xira o concello a nivel turístico. Este vídeo destaca que se trata do monte mítico e lendario por excelencia da provincia e mesmo de Galicia. Por iso prenso que o Pico Sacro e este Centro de Interpretación mesmo poden ser os depositarios de todos os mitos e lendas que existen na nosa provincia”, como proposta directamente lanzada ao vicepresidente provincial.

Xosé Regueira recolleu o guante e declarou que “temos aberto un camiño de colaborar co Concello de Boqueixón en materia de investigación e na infraestrutura na contorna do propio Pico Sacro. Esta é a primeira parte da colaboración, a máis pequena que é este vídeo, e eu agardo que pouco a pouco sigamos configurando algo, algo esencial para a provincia”.

Regueira tamén lembrou que a Deputación ten en marcha actuacións noutros puntos da provincia como o Xeoparque Cabo Ortegal, as baterías de costa de Ferrol ou o proxecto Os Fogóns do Anllóns en Bergantiños-Costa da Morte. “E quizais onde nos falta un proxecto é aquí. E Ovidio xa nos trasladou a necesidade de traballar conxuntamente as dúas administracións nun proxecto para o Pico Sacro e facer algo a nivel de toda a provincia que, dalgunha maneira, nos faltaba. O Camiño empeza hoxe e ata maio iremos facendo cousiñas”.

Finalmente, Regueira salientou que o documental “supón unha excelente oportunidade para achegarnos a un dos espazos máis emblemáticos da nosa xeografía desde unha nova mirada”. “O Pico Sacro é, ademais, un dos grandes símbolos da nosa identidade. Non é só unha elevación singular na paisaxe. É un lugar onde conviven a natureza, a historia, as lendas e a identidade dun territorio que soubo conservar un patrimonio de valor extraordinario”. “Mais o valor do Pico Sacro”, engadiu, “vai moito máis alá do seu significado histórico. Representa unha forma de entender o territorio. Un territorio que non é un decorado, senón un espazo vivo, construído xeración tras xeración polas persoas que habitan e coidan esta terra”.

Documental

Tras a presentación, proxectouse a peza audiovisual, que propón unha viaxe polas diferentes dimensións que conforman a identidade do Pico Sacro. O documental explora a súa relevancia histórica e literaria, o seu papel na tradición relixiosa vinculada ás lendas xacobeas e ás romarías populares, a súa singularidade xeográfica e xeolóxica, así como o extenso imaxinario colectivo que, ao longo dos séculos, o converteu en escenario de mitos, fogar de dragóns e porta cara ao inframundo.

Despois da presentación do documental, o vicepresidente e o alcalde trasladáronse ao espazo de Enoturismo María Manuela para coñecer as súas instalacións. “exemplo de como o patrimonio, a paisaxe e a actividade económica poden ir da man para crear proxectos con identidade propia e fortemente vinculados ao territorio”. Ademais, Regueira fixo fincapé nas oportunidades que xeran no rural “iniciativas como esta, que apostan pola calidade, pola posta en valor dos recursos locais e por un modelo de desenvolvemento sustentable”.

Post navigation

Previous: 36ª Romaría da Rapazada
Next: Comezan as obras de mellora da N-550 en Padrón

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.