Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Entrevistas
  • Reportaxes
  • Teo

Petroglifos, camiñando pola prehistoria

Camiñar polos petróglifos é volver a prehistoria, imaxinar como eran os galegos de hai miles de anos a través dos gravados que deixaron nas rochas da bisbarra.
Teo-petroglifos_220800-slide_r

Teo, 7 de setembro do 2021 – Camiñar polos petróglifos é volver a prehistoria, imaxinar como eran os galegos de hai miles de anos a través dos gravados que deixaron nas rochas da bisbarra.

Lindeiros aproveitou este verán para acudir a un dos roteiros nocturnos que organizan o concello de Teo e o colectivo A Rula. Unha oportunidade para descubrir máis de este patrimonio que, como contabamos este luns, volve a estar ameazado.

Antón Bouzas, no centro, e Luís Leclere á dereita antes de comezar a ruta

Antes de comezar a camiñar falamos con Luís Leclere e Antón Bouzas sobre este tesouro tan especial, que comeza a protexerse pero moi pouco a pouco como nos contaba Luís

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/09/01a-rula-luis-leclere-vanse-facendo-cousas-7-setembro-2021.mp3

O propio formato de este patrimonio e a súa situación, en rochas en medio do monte, complica o seu coidado e a súa vixianza        xa que non se pode desligar da súa contorna como tamén explica Antón

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/09/02-a-rula-luis-leclere-anton-bouzaa-xestion-integral-7-setembro-2021.mp3

E a ameaza dos eólicos incide en esa deixadez no coidado dos montes e, a maiores, é a cidadanía a que se ten que mobilizar para defender algo que as propias institucións terían que ter coidado

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/09/03-a-rula-luis-leclere-anton-bouzaa-eolicos-7-setembro-2021.mp3

Esa noite volvimos ao neolítico, unha idade na que a agricultura xa estaba presente e na que comezaban a aparecer lugares destinados a rituais nos que aqueles galegos prehistóricos deixáronnos estas mensaxes

https://lindeiros.net/wp-content/uploads/2021/09/04-a-rula-luis-leclere-petroglifos-7-setembro-2021.mp3

Ao longo da noite puidemos ver distintos petróglifos, algúns dos cales podedes apreciar nas imaxes, e escoitar a explicacións de Luís. Antón aproveitou unha parada para contarnos algo máis do ceo que estabamos vendo, das constelacións e estrelas que podíamos disfrutar no firmamento.

O vindeiro día 11 o concello organiza outra ruta da que tedes máis información no seguinte enlace . O longo de todo o ano o Colectivo A Rula realiza distintos roteiros así que estade atentos á axenda do concello e non deixedes de acudir.

Post navigation

Previous: A Reixa descobre a Beatles e Rolling Stones para os máis cativos
Next: Piden actuacións urxentes no camiño da Costiña de Vila de Cruces

Máis novas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

Alfonso Rueda percorrendo o novo tramo da AG-59
3 minutes read
  • Xeral

A Estrada máis cerca de Compostela

Casa consistorial de Teo
3 minutes read
  • Teo

Teo instala un sistema de cámaras nos accesos ao municipio

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026
3 minutes read
  • Xeral

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Elementos que se usara en Teo para a campaña sobre a fracció orgánica
2 minutes read
  • Xeral

Teo pon en marcha unha nova campaña informativa sobre a fracción orgánica

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.