Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

Peregrinar conectado

Un estudo constata como as tecnoloxías están transformando no Camiño de Santiago a experiencia e o feito de peregrinar

peregrinar conectado

A expansión das tecnoloxías móbiles, as redes sociais e as plataformas de planificación están a transformar a experiencia da peregrinación no Camiño de Santiago. De camiñar para desconectar a peregrinar conectado.

A Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da USC financiou un traballo do axudante doutor Diego Allen-Perkins que reflicte esta nova realidade. Un estudo que recibiu tamén apoio da Axencia de Turismo de Galicia e a Catedral de Santiago.

A investigación “Entre sendas e algoritmos: autenticidade dixital e peregrinacións no Camiño 2.0” aborda esta transformación desde unha perspectiva antropolóxica e multimodal.

Peregrinar convértese cada vez máis nunha experiencia que mestura a realidade e o mundo dixital.  Mediante unha combinación de etnografía dixital, entrevistas semiestruturadas, análise de foros e observación participante en Santiago de Compostela, o autor identificou patróns de uso tecnolóxico, debates sobre a autenticidade, mecanismos para regular a conexión e formas de narrar a experiencia da peregrinación en espazos dixitais.

Para Allen-Perkins, os resultados “permiten formular o concepto de «liminalidade conectada», que describe esta modalidade híbrida de experiencia: un tránsito no que os límites entre a presenza física, a introspección, a sociabilidade e a conexión tecnolóxica se reconfiguran continuamente”.

A esta investigación engádeselle o documento A autenticidade dixital no Camiño. Guía didáctica para peregrinar, un material de transferencia que a Cátedra distribuíu entre todas as asociacións xacobeas do Camiño de Santiago.

A guía componse de fragmentos de conversas, notas de campo e escenas analíticas “que reconstrúen un fenómeno emerxente, o do Camiño dixital, onde as pantallas e os sendeiros se entrelazan”, explica o investigador.

Diego Allen-Perkins

O autor do traballo é membro do grupo de investigación Antropoloxía da USC. Doutor en Antropoloxía Social pola UNED e Enxeñeiro Químico pola Universidade Politécnica de Madrid, está especializado en antropoloxía dixital, estudos de algoritmos e plataformas, mediación socio técnica e metodoloxías cualitativas.

A súa traxectoria combina etnografía dixital e estudo de procesos socio técnicos contemporáneos, con experiencia investigadora transnacional entre España e Ecuador e participación en proxectos competitivos nacionais e internacionais.

Nos últimos anos, Diego Allen-Perkins as súas investigacións centráronse na mediación dixital en contextos sociais permeados por infraestruturas algorítmicas, con publicacións indexadas sobre plataformas dixitais, ecosistemas algorítmicos e intelixencia artificial, así como capítulos en editoriais internacionais como Springer, Edward Elgar e McGraw-Hill. Interveu en máis dunha trintena de congresos e seminarios especializados e é membro da Rede Española de Filosofía da IA (ReFIA) e da International Commission on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF).

Desenvolve docencia en antropoloxía social e metodoloxías cualitativas, colaborou na avaliación cualitativa de políticas públicas (Plan de Inclusión Social de Estremadura) e forma parte da xunta directiva da Asociación Galega de Antropoloxía (AGANTRO).

Post navigation

Previous: Os orzamentos 2026 de Lousame eliminan as partidas dos partidos
Next: Dodro reduce un ano máis o volume de lixo xerado

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.