Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • A Baña
  • Músicas na linde

PequeRachada na Baña

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña

Imaxe duha das edicións da PequeRachada da Baña

A Baña, 21/04/2026 – A área recreativa de Agra de Chans converterase o venres 1 de maio no escenario dunha nova edición da PequeRachada da Baña. Unha cita arredor da música tradicional que pon o foco nas novas xeracións.

A actividade dará comezo ás 13.00 horas e desenvolverase ao longo do día como un espazo aberto de participación, no que a cultura popular marcará o ritmo. A PequeRachada será o eixe dun encontro de escolas de música tradicional de distintos puntos e do propio concello.

No ámbito local participarán as Gaiteiras da Baña, as Pandeireteiras da Baña e Os Trallas da Baña. Xunto a elas estarán a agrupación Rosalía de Castro, de Cacheiras (Teo); OCT Ultreia Pandeireteiras, de Compostela; e a Asociación Cultural Brisas do Quenllo, de Tordoia, que se suman a esta xornada de intercambio arredor da música tradicional.

O programa da PequeRachada inclúe tamén a proposta de narración oral Un saco de contos, de María da Pontraga, unha actividade dirixida a público infantil e familiar que combina historias e cancións de tradición oral. A través de pequenos relatos a sesión convida a descubrir personaxes do imaxinario popular e incorpora momentos de participación pensados para as crianzas.

A PequeRachada nace como un encontro no que a música tradicional se vive desde a base, promovendo o papel das novas xeracións como protagonistas e garantindo a continuidade do patrimonio cultural inmaterial.

O formato aberto da xornada facilita a presenza das familias, que poden compartir o día ao aire libre nun ambiente no que a música e o lecer conviven de maneira natural. A iniciativa está organizada pola Escola de Música Tradicional da Baña e polo Concello da Baña, coa colaboración da ACM Os Campantes da Baña, e consolídase como unha cita de referencia no calendario cultural local.

Post navigation

Previous: Boqueixón mellora o saneamento en oito núcleos de poboación
Next: Igualdade e diversidade nos concellos

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.