A Baña, 2 de maio do 2018 – Un cento de músicos de todas as idades reuníronse na área recreativa de Chans para celebrar a quinta edición da PequeRachada, o encontro de Escolas de Música Tradicional que organiza a ACM Os Campantes e o Concello da Baña.
A pequeRachada é un encontro de cativos en torno a música tradicional. Pola mañá actuaron os membros da Escola de Música Tradicional da Baña, que dirixe Emilio Lois, xunto cos de Riscadeira de Laraño, o Galanciños da Picota e As Xoubiñas de Ultreia. Os aplausos foron constantes para animar ás máis cativas e cativos da EMT da Baña e ás meniñas de Riscadeira, que abriron o encontro interpretando varias pezas.
[ngg_images source=”galleries” container_ids=”73″ display_type=”photocrati-nextgen_basic_slideshow” gallery_width=”800″ gallery_height=”600″ cycle_effect=”fade” cycle_interval=”3″ show_thumbnail_link=”0″ thumbnail_link_text=”[Show thumbnails]” order_by=”sortorder” order_direction=”ASC” returns=”included” maximum_entity_count=”500″]
Despois do xantar ao aire libre, a base de callos e macarróns, continuou a festa coas actuacións de Os Viracunchos da OCT Ultreia de Compostela, O Balado de Toques, Sateira de Saiáns, a A.C. Pinguela de Bama (Touro) e a A.C. A Mámoa de Luou.
A boa música animou aos mozos e mozas a bailar e aos maiores a cantar algunhas das pezas que interpretaban os músicos participantes neste quinto encontro que promove a Escola Municipal de Música Tradicional da Baña que dirixe Emilio Lois. Vinte alumnos forman parte da EMT da Baña, na que aprende a tocar a gaita e a pandeireta.