Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Pepe Vaamonde Grupo, Davide Salvado e Sumrrá na semana das Crechas

crechas-semana-de-concertos-slide-20-novembro-2018_r

Compostela, 20 de novembro do 2018 – Unha semana intensa na Casa das Crechas con 3 bos concertos,  Pepe Vaamonde Grupo, Davide Salvado e o domingo que está reservado para Sumrrá.

A semana terá tamén a habitual foliada dos mércores e o xoves recibirá a primeira das citas. Pepe Vaamonde Grupo presenta ‘Nas pedras do lar’, o seu cuarto traballo discográfico da banda galega, baseado en composicións propias instrumentais e temas cantados tradicionais. Nel a creatividade e a esencia da música tradicional galega fusiónanse para ofrecer un espectáculo orixinal e contundente. Este cuarto traballo musical da banda está dedicado ao lume, completando así a súa cuatriloxía discográfica, onde cada disco ten como fío condutor un dos catro elementos naturais. 75 minutos de duración cargados de tradición e modernidade que farán arrincar do peito ao público fortes emocións cheas de novos sabores sonoros.

O venres Davide Salvado despídese de “Lobos” para centrarse no que será o seu novo espectáculo. Con este concerto, Davide, acompañado por Santi Cribeiro (acordeón), Carlos Freire (percusión) e Pablo Dalama (saxo), pon fin a unha xira que levou á banda por boa parte do Estado, Canadá, Finlandia, Bélxica ou Portugal. Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais e o respecto pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.

E o domingo nas Crechas é tempo do trío de jazz galego máis internacional. Sumrrá repasará as músicas máis representativas dos seus 5 álbums. 15 anos que leva Sumrrá traballando de xeito continuado e ininterrompido, converténdoos nun referente do Jazz feito en España.

Post navigation

Previous: O Café da Memoria do Museo do Pobo Galego fala da música de traballo das mulleres do mar
Next: A forza visual do Sunset de László Nemes chega en Cineuropa

Máis novas

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

silleda-subrogacion-saf-slide-24-xaneiro-2022_r
2 minutes read
  • Compostela

Siad 24 sen argumentos para non pagar as nóminas do SAF

DANIEL CROS Y LAS ALMAS
2 minutes read
  • Xeral

Daniel Cros trae Las Almas Sedientas a Santiago

compostela maker faire xornada industria 30 setembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

A Maker Faire Galicia organiza unha Xornada de Industria

fundacion granell inauguracion expo slide 30 setembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

“Bata paisana. Bravas do país” na Fundación Granell

Luz-Fandinho-slide-29-abril-2024-151_r
2 minutes read
  • Xeral

Luz Fandiño terá o seu recoñecemento

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.