займ срочно

Pepe Sendón homenaxea a Carlos Casares en Teo

0

Teo, 11 de maio do 2017 – A Biblioteca do Grilo recibe o próximo venres a o actor Pepe Sendón co espectáculo Liñas Paralelas centrado en Carlos Casares.

As Liñas Paralelas son un espectáculo no que o actor combina a música coa palabra, as veces son contos de algún pais e outras narracións de autores como, en este caso, Carlos Casares ao que se dedica o Día das Letras Galegas 2017.

Pepe Sendón creará unha serie de relatos musicados a partir dos textos de Casares e estará acompañado ao piano por Suso Alonso.

A cita do venres na Biblioteca do Grilo será as oito da tarde con entrada de balde ata completar aforo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies