A ANPA Ágora ofrece unha actividade de banda deseñada que se levará a cabo no local do club de xubilados
Ames, 24 de outubro do 2016 – A Anpa ágora IES Milladoiro comeza as súas actividades extraescolares arrancando o curso de deseño de cómic, segunda edición. Por cuestións operativas non foi posible empezar nas instalacións do IES do Milladoiro o que ocasionou a necesidade de buscar un local alternativo onde os chicos e chicas puideran desenvolver o seu talento artístico e gráfico e aprender conceptos de proporcións, formas , trazos…
O local atopado está no club de xubilados e pensionistas do Milladoiro, club que amablemente nos ofreceu a súa colaboración, accedendo á nosa petición de utilizar as súas instalacións de xeito provisional. Desde ANPA ágora se quere agradecer publicamente esta axuda que resulta moi significativa e emotiva, xa que ven dos nosos maiores do lugar para favorecer á mocidade do Milladoiro. Grazas.