займ срочно

Peleteiro, unha praza difícil de tomar

0

Compostela, 17 de maio do 2022 – Os distintos usos da parcela onde se situaba o colexio Peleteiro é un tema que leva máis de vinte anos en proceso e cando parece que se achega o fin, repasamos todo o sucedido.

O colexio Manuel Peleteiro naceu na década dos corenta baixo o nome de Minerva. Unha serie de familias da cidade encargoulle a Manuel Peleteiro dirixir unha preceptoría que se integraría na que levaba, baixo o nome de San José, o mestre Xesús Pereira. O local estaba situado en Xeneral Pardiñas e no ano 1957, debido ao crecemento da institución, múdase ao solar do que hoxe falamos.

Autoría da imaxe: Colexio Manuel Peleteiro

Na década dos 90 o Colexio Manuel Peleteiro traslada todo o equipamento deportivo a unha finca en Montouto e comezado o século XXI xorde a idea de levar todo o complexo escolar a unhas novas instalacións no mesmo lugar. A institución precisaba vender o solar para costear o novo colexio pero era preciso recalificar os terreos para os novos usos.

En abril do 2005 o pleno municipal aproba o Plan Especial previsto no Plan Xeral de Ordenación Urbana para esa zona. Por unha banda permitía a venda do solar e por outro habilitaba o espazo para a construción dun Centro Comercial, local social, aparcamentos, vivendas, e abría o solar ao ensanche cunha nova praza pública.

Estes cambios foron levados aos tribunais, cn Contencioso Administrativo, polas Comunidades de Veciños dos números 20-22 de A Rosa y 13-21 da República Arxentina. Resulta curioso que nos últimos tempos fálase de este proceso como o das vivendas da Rosa pero a reclamación por aquel entón foi posta polas dúas comunidades.

Catro anos despois, no 2009, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón aos veciños e anula a modificación do Pxom e do Plan Especial. Nos fundamentos fálase dun exceso de edificabilidade e o proceso ten que comezar de novo.

Un novo intento

Coa chegada ao goberno de Santiago de Compostela Aberta, no 2015, retómase o intento de desbloquear a situación de Peleteiro. Tras a crise inmobiliaria o terreo pasa a mans da Sociedad de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria (Sareb), o chamado banco malo, a través da inmobiliaria Árqura Homes da que é propietaria nun 90%.

Tras moitas conversas e negociacións o 10 de abril do 2019 lévase a pleno un proxecto no que prima a seguridade xurídica que evite posibles demandas.

Existía un consenso cos veciños e comerciantes que tiveron a oportunidade de falar antes da sesión. O BNG aportara ideas que foran recollidas no documento final. O Partido Popular xa avanzara que se abstería aducindo dúbidas sobre distintas cuestións.  Era preciso que o Psoe votara a favor para conseguir a maioría absoluta necesaria. O voceiro socialista, Paco Reyes, dicía concordar coa maioría do proxecto máis, na súa primeira intervención, mostraba dúbidas sobre a tramitación e pedía a retirada do punto da orde do día.

A intervención molestaba ao alcalde, Martiño Noriega, que recrimináballe a Reyes non ter pedido a retirada na Comisión Previa nin na Xunta de Voceiros. A continuación interpelaba ao Secretario da Corporación para que dixera si a tramitación estaba ben feita, o que o funcionario aseguraba dicindo o seguinte

Na súa segunda quenda Paco Reyes insistía nos seus argumentos e remataba a intervención visiblemente molesto dicindo que a proposta era a mellor para o propietario pero non para os veciños

3 meses ou 3 anos

Tras as eleccións do 2019 Xosé Sánchez Bugallo volvía á alcaldía de Santiago. Insistira en distintos foros en que o proxecto de Peleteiro sairía adiante en 3 meses pero tiveron que pasar tres anos, e unha pandemia, para chegar ao momento actual.

O proxecto pasou por bastantes cambios ao longo de este tempo. Chegou a ter ata cinco propostas de distribución dos usos e o principal debate centrouse na apertura da praza.

As posturas dos grupos parece bastante definida e todos concordan en que se trata dunha oportunidade que non debería retrasarse máis. A intención do equipo de goberno e levala a pleno este mesmo mes pero as contas polo momento non saen. A concelleira de urbanismo Mercedes Rosón móstrase de todos xeitos optimista

Pola sía banda a voceira do BNG, Goretti Sanmartín, sempre buscou o consenso. Tanto no pleno do 2019 como na actualidade pon o voto do partido a favor dos veciños si se da o acordo de todas as partes. É moi crítica co goberno, non entende a abstención a finais do pasado mandato e as presas actuais despois de tres anos máis de negociacións

O Partido Popular mantén a mesma postura desde a pasada lexislatura. Críticos co procedemento e centrándose na parte económica. Nos últimos tempos a critica foi máis sobre os usos que se lle darían ao propietario e chegaron a propoñer a compra do solar. O voceiro, Añejandro Sánchez Brunete, recoñece que esa proposta non foi todo o ben explicada que merecía

Finalmente a pelota está, en certo modo, no tellado de Compostela Aberta. Jorge Duarte é concelleiro e arquitecto. Cada vez que aparecía unha posibilidade de mellorar a proposta presentaba un deseño que incluía a nova posibilidade. Na actualidade todo xira á apertura que terá a praza cara a República Arxentina. Ese paso ten previstos na actualidade 18 metros pero Duarte cre que se pode chegar ata os 25 e convencer aos veciños que quedan sen apoiar o proxecto. Di tamén que non é tan sinxelo, ese oito metros poden significar unanimidade ou risco de recursos veciñais

Esta gravaión fíxose apasada semana polo que será en esta na que as reunións, que poden ser definitivas, se leven a cabo.

Peleteiro, o final?

A día de hoxe o consenso é xeral salvo un grupo de veciños da República Arxentina. O que pode parecer un un tema menor pode converterse á volta dun tempo nunha nova paralización xa que o proxecto do 2005 foi precisamente detido nos tribunais.

Este luns a Plataforma que agrupa a estes veciños convocaba unha manifestación (que se pode ver no seguinte vídeo) para pedir un acordo “xusto”. Desde a Plataforma aseguran que os veciños están dispostos a acudir a un novo contencioso se non se chega a un acordo.

A historia do solar de Peleteiro pode rematar antes de final de mes. Quedará un longo camiño ata que estén dispoñibles os novos usos pero pecharase unha etapa da historia da cidade que debería servir como exemplo, do que se pode e non se pode facer, nos futuros deseños de cidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies