Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Reportaxes
  • Rois
  • Xeral

Pazo do Faramello, romanticismo no Camiño Portugués

Pazo do Faramello slide 075_w

Un sempre necesita un sitio onde fuxir, un lugar ao que se chegue axiña e que nos ille de todo durante o tempo necesario para recuperar a cordura, o Pazo do Faramello é un deses sitios.

Pazo faramello febreiro 2014

Situado, literalmente, sobre o camiño portugués o Pazo do Faramello nace á vez que a primeira fábrica de papel de Galicia e que sería durante 200 anos unha referencia industrial na comunidade.

Foi o italiano Marqués de Piombino quen tras, din, namorarse dunha galega volveu á súa terra, reuniu as súas pertenzas e a 20 homes e retornou a Galicia. Entre os italianos que o acompañaron estaba Jacobo Gambino cuxo fillo José, nacido no Pazo, converteríase no gran mestre da escultura barroca galega deixando na capela do Faramello (1727) un retablo que dá boa mostra diso.

O pazo é un exemplo de como usar os espazos naturais sen alteralos; construído aproveitando as terrazas que baixan polo canón do río Tinto, afluente do Sar, e no medio dunha fraga de carballos senlleiros.

Pazo faramello febreiro 2014

Hoxe en día os arquitectos máis modernos sitúan cubertas vexetais sobre os teitos dos edificios, algo que se fixo no Pazo do Faramello no  XIX, poñendo un xardín francés sobre o tellado da antiga fábrica.

A presa que desviaba a auga cara ao muíño industrial sitúase na contorna da roca coñecida como “as tetas da posadeira”, un lugar místico que dividía dous poboados celtas. Un espazo no que tradicionalmente os peregrinos sentaban a descansar, á roca atribuíanselle propiedades curativas.

Ademais de todos estes espazos o Camiño Portugués atravesa os terreos do Pazo do Faramello bordeando o río Tinto, un tramo do camiño que se mantivo intacto ao longo dos séculos aínda que nos últimos anos as autoridades achegasen a ruta á estrada xeral privando aos camiñantes dunha das zonas máis especiais da ruta.

A situación en plena natureza e o coidado que se tivo en non alterala fai que exista un ecosistema cheo de vida, aves como o martín pescador ou a garza real, nutrias, raposos vermellos,  esquíos, furóns… un verdadeiro paraíso que se conservou intacto desde hai séculos.

Pazo faramello febreiro 2014

Pero ademais os espazos engadidos polo home intégranse á perfección; o xardín que Alfonso XIII mandou construír cando veraneou aquí, a terraza barroca de cerdeiras xaponesas, ou a adega reconvertida en sa de exposicións  son mostras do coidado que se tivo á hora de engadir novos espazos ao Pazo do Faramello.

O mesmo coidado que se ten hoxe en día. Na actualidade trabállase nunha parcela na que se plantarán 79 árbores en homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois á vez que se deseña un novo pavillón de eventos de cara ao próximo verán*.

Non se pode dicir que o Pazo estea cheo de historia xa que o Pazo é historia; Pardo Bazán, Cela, Rosalía de castro ou Pérez Lujín, que o incluíu en “La casa de la troya”, falaron del; o castro dá Raiña Lupa está nun das súas marxes; na vella fábrica escondéronse as armas que se usarían contra os franceses; e, por se todo isto fose pouco, o señor do Pazo é o único que ten a honra de poder entrar na catedral a cabalo grazas a un privilexio real de 1815.

E todo a 15 minutos de Compostela e 10 de Padrón, sen dúbida a visita e obrigada.

*esta referencia corresponde co momento da publicación do artigo en papel, no 2014; hoxe ese novo espazo está xa operativo. Para contactar co Pazo pódese visitar a páxina pazofaramello.com ou chamar ao teléfono  675 04 15 55

Post navigation

Previous: Luz Fandiño, veciña de Compostela
Next: Biblioteca de investigadores da Universidade de Santiago

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.