Turismo de Galicia formulou a petición para o Pazo do Faramello na última asemblea desta ruta, celebrada en Bruxelas o pasado mes de maio

O Pazo do Faramello é un lugar único do que falabamos en Lindeiros alá polo 2014, no noso xornal en papel (tedes aquí a transcripción na web). Unha parte do noso patrimonio que segue a ser descoñecida e que agora descubre Europa.
Turismo de Galicia propuxo os xardíns do Pazo do Faramello para formar parte do Itinerario cultural Europeo de Xardíns Históricos no mes de maio. A Xunta elevou esta proposta no decurso da asemblea anual dos membros integrantes deste itinerario Cultural, que tivo lugar en Bruxelas.
Con esta nova incorporación, son dez os xardíns galegos que forman parte deste itinerario: xardíns do Pazo de Mariñán, xardíns da Alameda de Santiago de Compostela, Xardíns do Pazo do Faramello, Xardíns do Pazo de Oca, xardíns do pazo de Santa Cruz de Ribadulla, xardíns do Pazo de Rubianes, xardíns do Pazo de Quinteiro dá Cruz, xardíns do Castelo de Soutomaior, xardíns do Pazo de Lourizán e xardíns do Pazo de Quiñones de León.
Precisamente, a ruta da camelia, impulsa por Turismo de Galicia, percorre estes espazos desde 2023 aproveitando a época de floración desta especie característica da comunidade.
Deste xeito, a contorna natural do Pazo do Faramello entra no club de xardíns que esixe, entre outros aspectos, que se trate de espazos cun mínimo de antigüidade, con especies botánicas e nun bo estado de conservació.
Ademais, deben ser xardíns auténticos, que ofrezan horario estable de apertura ao público e que organicen actividades de diferente natureza, ao tempo que teñen que facilitar servizos para o visitante e contar cun historial de publicacións do xardín.