Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Frades

Parroquias de Frades levan tres semanas sen servicio de telefonía e internet

Concello de FradesDSC_0306 slide_r

Frades, 23 de febreiro do 2017 –  O Concello de Frades e a Asociación de Veciños Río Samo (Galegos) reclamarán compensacións a Telefónica por ter sen servizo dende hai tres semanas a medio cento de veciños das parroquias de Galegos e Moar.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que “falamos en varias ocasións coa directora rexional e nos asegura que están traballando e revisando as liñas, pero o certo é que dende o temporal non vimos a ninguén de Telefónica por Frades tratando de arranxar a situación. O último que nos dixeron foi que o problema é que se queimaran un quilómetro de liñas, pero a sensación que temos é que nos están dando largas e nós o que queremos é que se arranxe o problema canto antes”.

Cincuenta veciños e veciñas dos lugares de Reboredo e Vista Alegre (Galegos) e Vilarello de Abaixo e Vilarello de Arriba (Moar) permanecen sen servizo de telefonía fixa e internet dende os temporais do pasado 2 de febreiro. “Hai explotacións agrogandeiras e empresas rurais que precisan utilizar Internet para os seus negocios e tamén hai moitos veciños e veciñas que non poden acceder a un servizo polo que están pagando, polo que tamén lle imos solicitar a Telefónica compensacións para os afectados”, explica Roberto Rey.

O alcalde de Frades entende que “nos tempos nos que estamos non é xustificable que cincuenta veciños e veciñas estean sen servizo de telefonía fixa e internet durante tres semanas, polo que instamos a Telefónica a que arranxe os problemas canto antes, indemnice aos afectados e faga todo o posible para que situacións coma esta non se volvan producir”.

Post navigation

Previous: O acceso da autoestrada AP-9 a Cidade da Cultura licitarase en abril
Next: A Xunta busca o consenso para o Panteón de Galegos Ilustres

Máis novas

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Unha das estradas arraxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades inviste case 165.000 € na mellora de accesos e pistas

Piscina muicipal de Frades, imaxe de arquivo
1 minute read
  • Xeral

Frades prohibe o uso da auga municipal para encher piscinas e regar xardíns

Imaxe da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades
3 minutes read
  • Xeral

Ampliación da planta potabilizadora de Ponte Carreira en Frades

Un momento do pleno en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso asinarán un convenio para mellorar a estrada Fontelo (Aiazo)-A Igrexa (San Román de Pasarelos)

Unha das estradas arranxadas en Frades
2 minutes read
  • Xeral

Melloras nos acceso ás aldeas de Frades

Imaxes dos accesos construídos en Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades inviste máis de 180.000€ na mellora de accesos

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.