Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral

O Parque Compostela Rupestre traballa no futuro

Compostela reúne ao Consello Director do Parque Compostela Rupestre

BISBARRA PARQUE COMPOSTELA RUPESTRE 12 MARZO 2026

Compostela, 12/03/2026 – O Parque Compostela Rupestre, no que están implicados distintos concellos da bisbarra, camiña lento pero segue definindo os marcos das súas actuacións.

Este mércores reuniuse o Consello Director para tratar a sinalética dos xacementos, o mantemento das fincas e a constitución do Comité Científico. Un encontro no que participaron o concelleiro de Urbanismo e Vivenda de Santiago, Iago Lestegás; o deputado de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xosé Penas; e representantes dos restantes concellos membros do Parque Compostela Rupestre.

Hai que lembrar que o Parque Compostela Rupestre é unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña, coa participación dos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Brión, Teo e Val do Dubra.

Durante o encontro informouse sobre a sinalética dos parques e xacementos, así como sobre a situación das limpezas e dos terreos. A reunión serviu tamén para abordar as actuacións previstas no ámbito do parque e ratificar a incorporación do Concello de Outes a Compostela Rupestre, á espera da validación por parte do comité científico.

No relativo á sinalética, o deputado provincial de Patrimonio, Xosé Penas, explicou que a proposta de sinalización dos roteiros e dos parques foi aceptada por todos os concellos participantes.

A Deputación está a traballar nun modelo unitario para identificar as rutas e os emprazamentos concretos dos bens patrimoniais, co obxectivo de ofrecer información complementaria sen competir coa sinalización turística existente nas estradas.

Durante a xuntanza abordouse tamén a situación da roza das fincas e o mantemento dos espazos. Segundo indicou o deputado, xa se realizou un primeiro traballo de roza e adecuación das fincas e “agora, ese traballo, loxicamente, témolo que manter no tempo, tanto os concellos como a Deputación”.

Outro dos asuntos tratados foi a constitución do comité científico do parque. Penas explicou que este proceso está condicionado “pola dificultade de moitos técnicos para poderen participar nel”. Con todo, expresou o seu desexo de que estea conformado «antes do verán».

O CIRVI, epicentro de Compostela Rupestre

Na reunión tamén se abordou a situación do CIRVI, Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Villestro. “Vaise renovar o convenio para que poida comezar a licitación e ter preparado ese centro como epicentro de todo o que serán os roteiros de Compostela Rupestre”, indicou o deputado.

Ademais, tratouse a cuestión da adquisición, expropiación e traspaso de propiedades nas que se localizan xacementos e petróglifos, un proceso que se levará a cabo de maneira conxunta entre a Deputación e os concellos participantes.

Finalmente, Penas destacou a vontade de impulsar actividades arredor do patrimonio vinculado a Compostela Rupestre. “Queremos impulsar actividades ao redor do patrimonio de Compostela Rupestre para dar a coñecer entre a cidadanía o que se está a facer ao abeiro desta iniciativa”, afirmou.

Post navigation

Previous: Rosa Crujeiras será a primeira reitora da USC en máis de cincocentos anos
Next: Presentado o cartel das Festas de Pascua de Padrón

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.