Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con Rosa Crujeiras, Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

Aínda que toma posesión o vindeiro día 10, Rosa Crujeiras converteuse xa na primeira muller en chegar á reitoría da USC.

656257317_1346273547534341_7414503957979043995_n

Compostela, 06/04/2026 – Lindeiros falaba con Rosa Crujeiras en xullo do 2017, recen chegada á Vicerreitoría de Comunicación. Esta doutora en matemáticas levaba en aquel momento xa algún tempo vinculada a ese departamento e á xestión da universidade.

Atopámonos con ela no seu despacho da facultade. Pasaron case 9 anos pero segue igual de ilusionada, máis se cabe, e preparando todo para a mudanza. A primeira pregunta non por ser un tópico deixa de ser interesante, que cambiou en Rosa Crujeiras en este tempo?

Foi unha carreira dura para os candidatos. Con dúas voltas e catro mulleres que buscaban ser a primeira reitora da USC. Sobre todo en esta última etapa certos comportamentos dos equipos das candidatas, máis que das candidatas mesmas, e un uso das redes moito máis político que propositivo abriu un debate sobre os límites da campaña. Rosa Crujeiras considera que temos aínda moito que reflexionar sobre o sucedido. Posiblemente a atención dos medios e o escrutinio foi maior por ser mulleres.

Por este contexto, e por outras razóns que foron saíndo ao longo da campaña. A sensación que se transmite é que a política entrou en esta ocasión con moita máis forza do habitual na campaña ao reitorado. Hai anos xa que política e universidade teñen que convivir e como consecuencia iso afecta cada vez máis ás eleccións de reitor. A nova reitora recoñece que veñen a facer política… universitaria “porque o contrario é o amiguismo”.

O mandato de Rosa Crujeiras, como os anteriores, está cheo de retos pero sen dúbida hai temas como o financiamento, a cuestión de medicina, ou a formación dos profesionais do futuro son cuestións que afectan a toda a sociedade e non só á institución.

En Lindeiros temos unha teima sobre esa barreira invisible que divide á sociedade da universidade. É certo que cada vez cae máis pero as veces segue parecendo que son mundos que viven no mesmo espazo pero non no mesmo tempo. Crujeiras foi Vicerreitora de Comunicación e o puido comprobar, agora como reitora terá oportunidade de acercase máis á xente de fora da USC. Como proba de esa implicación a nova Reitora explica que por primeira vez “cultura” non será o segundo apelido dunha vicerreitoría, será o primeiro.

Imaxe de Loli Fernández para Lindeiros tomada na entrevista de 2017

A participación, e vitoria, da candidatura de Rosa Crujeiras sorprendeu a máis de un dentro e fora da universidade, Pode que a ela se sumaran os que non atopan un oco axeitado en outros lugares e que ao mesmo tempo tiñan gañas de traballar pola USC. Non é un mal comezo.

O traspaso e posta en marcha do novo equipo levará uns meses pero en esta entrevista puídemos ver a mesma ilusión que hai nove anos e iso non é moi común. A universidade precisa sobre todo de ganas. Ganas de consenso, ganas de mellora, ganas de explicar, e ganas de ser ela mesma.

A incorporación progresiva da muller a todas as áreas, ou case, da sociedade mellorou moitas cousas tal vez pola súa visión máis pragmática. Rosa Crujeiras ten retos importantes por diante pero, polo momento, a súa capaz de ter calma en medio da tormenta levouna á reitoría. De novo dicimos, non é mal comezo.

Post navigation

Previous: Reclaman ao goberno central axilidade para os accesos ao polígono Novo Milladoiro
Next: Compostela prepárase para o Cruceiro Fest

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.