Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Compostela
  • Entrevistas

Parolando con Pela del Álamo, director de Curtocircuíto

Pela del Álamo ten una visión única de Curtocircuíto porque, pese a ser o director, nunca deixou de ser espectador.

Pela del Álamo na inauguración da edición 23 de Curtocircuíto, xullo 2026

Compostela, 03/07/2026 – Sempre hai moito que dicir arredor de Curtocircuíto. Cada edición ten momentos, proxeccións, concertos, charlas únicas e Pela del Álamo é responsable en boa parte do éxito de festival.

Co cambio de datas de Curtocircuíto o festival volveu a ser máis da xente, da que o seguía pero sobre todo da nova. Veciñanza que o mellor non entraban no Principal ou na Numax pero que si se quedan nunha praza ou nun xardín a ver e escoitar o que se lle ofrece.

A programación está xa en marcha, na web tedes toda a información así que esta conversa con Pela é máis emocional, sobre o que as veces está pero non se ve, Comezamos pois por ese cambio de datas que supuxo para Curtocircuíto, unha volta aos comezos aínda que con moito andado xa; os festivais son para o verán? Para o director o cambio supuxo tamén saír dun certo illamento.

Mudar de datas ten o seu custo, a loxística é moito máis complicada e os prezos de todo veñen subindo desde hai tempo. O cambio tamén axuda a cambiar a perspectiva e programar pensando no novo público ou nos novos espazos. Preguntamos a Pela pola dificultade para, despois de tanto tempo, manterse atento e non caer na repetición de estilos ou filmes que funcionaron, Como manterse orixinal sen perder a esencia de Curtocircuíto, el ten dúas normas moi claras.

A fórmula funciona. Cada ano as críticas son positivos e coa saída a rúa gañouse, e algúns casos, en espectadores. Del Álamo non ten a presión de estar na ola de actualidade, no mainstream, polo propio modelo de festival pero si hai unha ética de intentar chegar a todo o público posible.

Se queres escoitar a entrevista enteira, sen cortes, o podes facer en Bymeacoffe e de paso colaborar con Lindeiro convidándonos a un café. Coa túa axuda poderemos ter más contidos e máis convidados.

A viralización de Sirat e Oliver Laxe, ou éxito como prefire dicir Pela, obriga a preguntar por ese compoñente do festival. Por eses autores e esas películas que pasan por Curtocircuíto antes de converterse en ese mainstream que alimenta a unha parte da industria. O director do festival cre que a curto prazo se pode xogar a gañar pero a longo prazo o único que funciona é a orixinalidade.

Que por Curtocircuíto pasara xente como Oliver Laxe ou que o xurado estea Jaione Camborda é un exemplo da solidez da proposta de Curtocircuíto, da calidade que pasa por Compostela cada ano. Ao preguntar se o valoramos dabondo, Pela ten claro que non. En Galicia en xeral, e Compostela en particular, o talento valorase cando xa triunfou.

A recomendación de Pela del Álamo sempre é necesaria. Aposta polo audiovisual, polo directo, por eses encontros que reúnen aos de aquí e aos de fora, que serven para desfrutar de lugares especiais con actuacións especiais… momentos únicos que axudaron a converter a Curtocircuíto en algo máis que un festival de cine.

Falamos de moito máis con Pela, do papel do Cine Club Compostela, de esa cidade perdida nos oitenta que nos gustaría recuperar, do complicado de organizar un festival como Curtocircuíto nunha cidade en tempada alta. Coma sempre a visión do director é moi persoal e moi sensata.

Post navigation

Previous:  “Abride a fiestra” regresa á Casa de Rosalía de Padrón
Next: Dodro esixe a limpeza das estradas competencia da Xunta de Galicia

Máis novas

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Axenda

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Un dos traballos de mellora realizados en pistas de Frades
2 minutes read
  • Frades

Frades acomete un intenso programa de bacheo nas distintas parroquias

Imaxe do pleno de Ames sobre o mercado de abastos
4 minutes read
  • Xeral

O mercado de abastos de Ames dependerá dunha subvención de 2 millóns de euros

Lugar de Agromaior no concello de Teo
2 minutes read
  • Xeral

Teo licita o acondicionamento do viario municipal en Agromaior

Cartel da andaina por parellas de Rois
3 minutes read
  • Axenda

A XVIII Andaina por Parellas de Rois aprázase a setembro

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2771) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2672) sindicatos (109) Social (551) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (580) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.