Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Compostela
  • Entrevistas
  • Xeral

Parolando con Elena Bernárdez, presidenta da Xunta de Confrarías

No comezo da Semana Santa 2026 en Compostela, falamos con Elena Bernárdez,  presidenta da Xunta de Confrarías

Elena Bernardez presidenta xunta de confrarias

Compostela, 25/03/2026 – O pasado sábado tiña lugar o pregón da Semana santa de Santiago e este venres sairá a primeira das procesións, a da Virxe das Dores, polo que parécenos un bo momento para falar de estes actos.

Mentres que en Sagunto avívase a polémica pola prohibición ás mulleres de procesionar, en Compostela Elena Bernárdez é a presidenta da Xunta de Confrarías.  Hai catro anos falabamos co anterior presidente José Ramón Muñiz nun momento no que se trataba de impulsar a Semana santa máis alá do estritamente relixioso e quixemos comprobar como avanzou esa intención.

A primeira pregunta para Elena Bernárdez ten que ver coa polémica que xorde en outras partes arredor da participación da muller. Aquí non se da e hai tempo que  están integradas en todo o que ten que ver coa Semana Santa pero gustaríanos saber si a presidenta si é algo anecdótico ou a muller aporta algo distinto ao home. A resposta para Elena é que si pero non só na Semana Santa, en todos os ordes da vida.

Desde a sociedade está moi interiorizado que as confrarías forman parte da igrexa pero aínda que a liña que separa os dous ámbitos e moi fina existe.

Nos últimos anos o esforzo por difundir a Semana santa foi moi grande. Desde as institucións e desde a Xunta de Confrarías foise armando unha base que permite ofrecer a veciños e visitantes unha programación ampla que non se limita ás procesións.

Desde actividades como De Lugares e Órganos ata a publicación de guías moi completas que convidan a visitar as distintas igrexas ou acudir a outro tipo de eventos, a Semana Santa é xa unha oportunidade para coñecer a cidade desde outro punto de vista.

Elena explica que se mellorou en todo e que a Semana Santa abriuse á cidade e á veciñanza. Isto repercutiu tamén na implicación das confrarías e dos cofrades. O que falta como en outras moitas cousas son medios, son cartos.

Atopamos en Elena unha mensaxe similar a de outros sectores. A cidade precisa poñer en valor o máis local, no caso da Semana Santa todas as obras de arte que sae a rúa cada ano e que non son doadas de ver máis alá de eses momentos. A presidenta explica que temos que mostrar a nosa cultura, sexa do tipo que sexa e a Semana santa forma parte de ese todo.

A Semana Santa 2026 preséntase ben sempre que o tempo o permita. A diferencia de outros anos hai un plan b, explicado nos folletos, polo que se a procesión non pode saír haberá un acto no interior da igrexa.

Máis alá da fe de cada un a Semana Santa é unha mostra de arte, unha oportunidade para ver nas rúas de Compostela imaxes únicas nun escenario tamén único. Cando alguén di que irá a Sevilla en Semana Santa non se cuestiona; ao mesmo tempo aquí temos unha Semana Santa moito máis tranquila, se se quere moito máis barata, e non menos fermosa xa sexa desde un punto de vista artístico ou relixioso.

A recomendación e acudir a algunha das procesións, prioritariamente ás nocturnas, e vivir a cidade dun xeito que só sucede unha vez ao ano. Compostela ten de todo e Semana santa tamén.

Post navigation

Previous: O programa integrado de emprego avanza no Sar
Next: Posta en valor da praza de abastos de Noia

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.