Bisbarra, 26 de setembro do 2024 – O grupo parlamentario socialista leva hoxe á Comisión 2º de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, unhas preguntas sobre o proxecto de vertedoiro na canteira de Pedra Facha en Val do Dubra.
Na pregunta, que será respondida na mencionada comisión a partir das catro da tarde, os socialistas explican que “a zona máis afectada é a parroquia de Niveiro, en Val do Dubra, onde se quere instalar este vertedoiro. Desde a asociación veciñal de Niveiro indican que non
estamos dispostos a que aquí fagan outro Casalonga ou outro Miramontes”.
Na moción insístese en que o que se presenta como unha rehabilitación será en realidade “un vertedoiro de residuos. A rehabilitación non se fai enterrando lixo no medio das casas dos veciños e das veciñas ou de explotacións de gando de leite. Neste sentido, indícase que a 800 metros do lugar hai unha granxa e a menos de un quilómetro varias vivendas”.
Preguntas
Tras expresar que os veciños contan co apoio dos concellos de Trazo e Val do Dubra e que este último presentou todas as alegacións posibles, e segue a buscar vías xudiciais de paralización, o grupo socialista realizará ao representante da Xunta as seguintes preguntas:
1. Cal é o estado do expediente administrativo de autorización do
vertedoiro, cantos empregos directos se van crear?
2. Cales son as afeccións á veciñanza afectada con vivendas a menos dun
quilómetro do vertedoiro a ceo aberto, así como á afectación ás
explotacións gandeiras?
3. Cal é estado actual da tramitación ambiental do proxecto do vertedoiro
de Niveiro?
4. Presentouse por parte da entidade promotora do proxecto un plan de
restauración medioambiental?
A partir das catro da tarde no Parlamento poderase saber un pouco máis de este proxecto que tanto preocupa á veciñanza da zona..