Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Santa Comba
  • Xeral

Levan ao Parlamento a reforma integral do CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba

A Comisión de Educación do Parlamento de Galicia recibiu a petición do grupo socialista para que se reforme de xeito integral o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.
psoe-parlamento-ceipsanta-comba-slide-26-maio-2023_r

Bisbarra, 26 de maio do 2023 – A Comisión de Educación do Parlamento de Galicia recibiu a petición do grupo socialista para que se reforme de xeito integral o CEIP Barrié de la Maza de Santa Comba.

Os socialistas pediron ademais que a Xunta de Galicia asumira as actuacións de mantemento no centro Pepe de Xan Baña. A reclamación chega despois de que parte do teito do Barrié caera enriba dunha mestra a finais do pasado mes de febreiro.

A parlamentaria socialista Noa Diez lamentou o voto do PP en contra desta iniciativa, impedindo que saíra adiante. Díaz lembrou que tamén votaran en contra da emenda aos Orzamentos da Xunta para 2023 presentada no mesmo sentido no debate que se celebrou a finais do ano pasado.

Para Díaz é “incomprensible” que o Goberno galego deixe que o Barrié de la Maza, que conta con máis de 400 estudantes, vaia esmorecendo logo de 50 anos de actividade sen rexistrar ningunha actuación de calado para o seu acondicionamento.

Lamentou a “incompetencia do PP” para atender a esta situación, do Goberno galego e da propia alcaldesa de Santa Comba, que en 4 anos non solicitou nin unha soa reunión, ata o pasado mes de abril, coa xefatura territorial de Educación, a pesar de que era unha demanda recorrente do centro nos últimos tempos. 

Malia que a reunión se produciu, a Anpa e a dirección do Barrié de la Maza “volveron igual que foran”, mentres a Xunta e o goberno local “quedaron tranquilos” negando a reforma integral pero anunciando a reforma dos canalóns e un pequeno parque.

Díaz tamén criticou a “arbitrariedade” demostrada polo goberno galego, que nega unha intervención inaprazable nos centros de Santa Comba cando compromete unha reforma -”necesaria, por suposto”, dixo a deputada- de 1,2 millóns de euros no CEIP da Baña, un centro que ten unha comunidade moito menor.

Achacou esta decisión aos “temores electorais” que teñen na Baña logo dunha “burda moción de censura” coa que lle arrebataron a alcaldía ao PSdeG e pensan inutilmente que con esa acción poden manter o goberno, mentres en Santa Comba “están tan resignados a un cambio de signo político que nin se molestan en facer a obra”.

Pepe de Xan Baña

A deputada socialista reclamaba tamén obras de mellora no CEIP Pepe de Xan Baña para non chegar á situación de abandono que sofre o outro centro. Díaz preguntouse se a inacción neste centro se debe a que se confirman as intencións da Consellaría de pechalo en breve, e esixiulle ao PP e ao goberno galego que sexan “transparentes” nas súas intencións cara este centro.

Post navigation

Previous: A Deputación compromete melloras na estrada DP-0605 en A Muíña, Touro
Next: Eleccións 23: xornada electoral

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.