Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Xeral
  • Teo

Levan ao Parlamento de Galicia a futura planta de residuos de Cacheiras, en Teo

O Grupo Socialista pide no Parlamento a paralización e unha avaliación do proxecto da planta de residuos en Cacheiras

Membros do grupo socialista na mobilización de Cacheiras

Membros do grupo socialista na mobilización de Cacheiras

Compostela, 22/04/2026 – O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha iniciativa na que demanda da Xunta a elaboración dun informe técnico exhaustivo e independente sobre o proxecto de instalación dunha planta de residuos na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo

Os socialistas queren tamén unha paralización “inmediata” da súa tramitación administrativa ata dispoñer desa avaliación. A proposta chega tras a mobilización veciñal que tivo lugar este sábado en Cacheiras, na que participaron preto dun cento de veciños e veciñas e representantes socialistas.

O grupo socialista sinala que esta resposta social evidencia a existencia de preocupacións e dúbidas sobre o impacto ambiental, territorial e sanitario da infraestrutura, así como sobre a súa compatibilidade cos principios de sustentabilidade e co modelo de desenvolvemento do territorio.

Consideran que a Xunta de Galicia debe “asumir un papel activo e garantir que calquera proxecto deste tipo conte con todas as garantías técnicas, ambientais e de participación pública”, evitando a tramitación de iniciativas que poidan xerar conflito social sen unha análise previa completa e independente.

Neste sentido, o Grupo Socialista pide que os servizos técnicos da propia da administración autonómica elaboren un informe no que se analicen os posibles impactos do proxecto de Cacheiras e o cumprimento da normativa vixente, así como a súa adecuación aos criterios de sustentabilidade. Ao tempo, reclama que se suspenda calquera autorización ou avance administrativo mentres non se dispoña desa avaliación. A iniciativa tamén propón a apertura dun proceso de diálogo coa veciñanza de Cacheiras 0e coas entidades sociais da contorna co obxectivo de avaliar alternativas e garantir que as decisións en materia de xestión de residuos conten co maior consenso social posible.

Post navigation

Previous: A Unión Hotelera de Santiago preocupada pola “falta de estratexia aeroportuaria”
Next: Piden que as parcelas non vendidas de Ames se destinen a vivenda pública

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.