займ срочно

Remata a parcelaria de Beán Pereira no concello de Ordes

0

Ordes, 31 de marzo do 2022 – O conselleiro do Medio Rural, José González,  participou na entrega de máis de 1.500 títulos de propiedade rematando así a parcelaria de Beán Pereira.

Xunto ao Conselleiro estivo directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé. A parcelaria de Beán Pereira supuxo un investimento de máis de dous millóns e medio de euros.

A superficie organizada chegou a case 1.340 hectáreas, beneficiando a 827 veciños propietarios que viron como a superficie media das súas parcelas se quintuplicaba. Así, pasouse dunhas 9.000 parcelas iniciais a preto de 1.600 predios finais, o que permitiu mellorar a estrutura territorial das explotacións da zona e, por tanto, diminuír os seus custos de produción.

O conselleiro sinalou que a través destes procesos conséguese paliar o minifundismo presente na comunidade galega, dende o punto de vista da estrutura da propiedade, polo que son unha ferramenta fundamental na reorganización do territorio. No  concello de Ordes, o 70% da súa superficie xa está concentrado, destacou José González, ao tempo que dixo que en preto de 6.000 hectáreas se entregaron os correspondentes títulos de propiedade e noutras 5.000 ha os veciños xa puideron facer uso dos novos predios de substitución.

Desde o ano 2020 ata a actualidade, a Xunta entregou preto de 20.000 títulos de 18 concentracións parcelarias -sumando a de hoxe- que beneficiaron uns 8.500 propietarios. Neste senso, o conselleiro sinalou que a día de hoxe quedan 94 procesos abertos, pero que en 58 deles os veciños xa están facendo uso das novas parcelas. Por iso, José González reiterou o seu compromiso en seguir traballando na finalización destas parcelarias, para as cales hai un orzamento de 12 millóns de euros en 2022.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies