Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Músicas na linde
  • Rois
  • Xeral

A pandeireta galega será a protagonista dunha exposición desde o día 22

Cartel da exposición sobre a pandeireta

Rois, 19/05/2026 – O edificio multiusos de Rois acollerá do 22 de maio ao 11 de xuño a exposición “A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral”, unha iniciativa organizada polo Consello da Cultura Galega e o Concello de Rois arredor dun dos instrumentos máis representativos da tradición musical galega.

A inauguración desenvolverase o venres 22 de maio a partir das 18.00 horas coa presentación institucional a cargo da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; do alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens; e dos comisarios da exposición, Luciano Pérez Díaz e Suso Vaamonde Manteiga.

A pandeireta centrará despois unha sesión de relatorios centrada na transmisión dos coñecementos sobre o instrumento, na súa evolución e nas novas formas de interpretación.

Mercedes Autrán Romero ofrecerá a intervención “O caso das pandeireteiras de Rois”, centrada na experiencia dun grupo de nenas ás que unhas avoas cantareiras e unha mestra achegaron a música tradicional hai catro décadas. Durante a sesión tamén se presentarán gravacións orixinais que serán doadas ao Arquivo Sonoro de Galicia.

O programa incluirá ademais o relatorio “A percusión de man no Real Coro Toxos e Froles de Ferrol”, impartido por Arturo Lamas Braña, e a intervención de Suso Vaamonde sobre “O instrumento hoxe”, centrada nas novas técnicas de interpretación, uso e enfoque dos toques tradicionais.

A sesión contará coa participación en directo da Escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Outes e permitirá coñecer os primeiros estudos acústicos realizados arredor do instrumento, que tamén pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia.

A mostra ofrece un percorrido arredor da historia, evolución e vixencia da pandeireta galega, un instrumento presente desde antigo na tradición musical popular e especialmente ligado ás cantareiras. A proposta aborda tamén a adaptación da pandeireta aos novos contextos musicais e culturais, así como a importancia de conservar e divulgar este patrimonio sonoro desde unha visión aberta ao presente e ao futuro.

Post navigation

Previous: Manuel María será homenaxeado no espectáculo “As rúas do vento ceibe”
Next: As instalacións educativas de Ames no Parlamento

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.