Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Compostela

Pancartas contra a mina de Touro na praza de abastos de Compostela

20180929_115107-slide_r

Compostela, 1 de outubro do 2018 – A Plataforma veciñal mina de Touro O Pino NON colocu este sábado dúas pancartas na praza de abastos de Compostela.

A narradora da manifestación do pasado 10 de xuño, a actriz Isabel Risco, volveu a colaborar en esta iniciativa. A Plataforma explica que manter a mobilización contra a mina de Touro tantos meses supón un esforzo que só é posible coa suma de moita xente que foi aportando o seu grao de area, na medida das súas posibilidades, e engaden que “A Praza de Abastos é para nós un lugar especial, ao que acudimos en distintas ocasións ao longo deste ano, con mesas informativas para facer chegar a cidadanía as verdadeiras dimensións do proxecto, a recoller firmas, a colocar a pancarta anunciando a manifestación do 10 de xuño…e sempre recibimos tanto da Dirección como dos placeiros e placeiras a mellor das acollidas. Por todo, por tanto queremos darlle as grazas”.

O colectivo explica que as pancartas recordan o que xa se leva feito e permiten “coller pulos para continuar”. Lembran que a día de hoxe 40 concellos e dúas Deputacións aprobaron mocións contrarias ao proxecto, que os informes sectoriais emitidos por departamentos da Xunta puxeron de manifesto as eivas, incongruencias e puntos escuros do proxecto, que o propio conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, manifestou en xullo que “tal como estaba, o proxecto era inviable”pero engaden que  “a pesares de todo, o rexeitamento definitivo por parte da Xunta aínda non chegou. Esa segue a ser, polo tanto, a nosa principal demanda”.

Post navigation

Previous: Curtocircuíto abre as seccións Explora e Planeta GZ
Next: Os pais da escola infantil do Milladoiro reclaman limpeza na contorna do centro

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Baltar será unha das figuras protagonistas no Museo do Pobo en setembro
4 minutes read
  • Axenda

Programación de setembro no Museo do Pobo Galego

Goreti-Sanmartin-alcaldesa-de-Santiago-normal-30-xunho-2023_6543_r
4 minutes read
  • Compostela

Municipais 2027: Goretti Sanmartín, alcaldesa de Santiago

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.