Ames, 25 de marzo do 2021 – A Asociación de empresarios Palmira Bulevar reforzará a colaboración con ACITUI para impulsar á localidade do Milladoiro como penúltima etapa do Camiño Portugués.
A asociación convidará nas próximas semanas a outros empresarios para sumarse á iniciativa. Os peregrinos accederán desde a súa chegada a Tui, a unha listaxe de empresas do Milladoiro por medio dun código QR.
A unha legua de Compostela
A Asociación de empresarios Palmira Bulevar quere reforzar a idea de que o MIlladoiro atópase a unha legua de Compostela polo que é por dereito propio a penultima etapa do Camiño Portugués.
A pasada semana terminouse de redactar a carta que se entregará aos empresarios do Milladoiro que se poderán sumar, sen custo, á iniciativa. Palmira Bulevar espera engadir máis de 50 novos negocios a esta campaña de difusión
Código QR
A colaboración con ACITUI permitirá que no Monólito que se inaugurará esta semana na cidade fronteiriza, e que simboliza o comezo do Camiño Portugués en Galicia, Milladoiro apareza como penúltima etapa a tan só unha legua de Compostela.
Máis importante se cabe será que na información sobre o roteiro que se entregue aos peregrinos aparecerá o Milladoiro xunto a un código QR que dá acceso a unha listaxe de empresas. O obxectivo é consolidar Milladoiro como penúltima etapa de forma que os viaxeiros planifiquen a súa parada coñecendo todos os servizos de que dispoñen.
A incorporación de novas empresas á Asociación permitirá afrontar os próximos meses con novas iniciativas adaptadas aos novos tempos. A unidade permitirá tamén demandar apoios das administracións para que o Camiño Portugués teña a relevancia que lle corresponde.