Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Xornadas gastronómicas da lamprea en Padrón

Padrón celebrará a décima edición das Xornadas gastronómicas da lamprea nas dúas primeiras fins de semana de marzo.
padron-xornadas-divulgacion-lamprea-slide-13-febreiro-2024_r

Bisbarra, 13 de febreiro do 2024 – Padrón celebrará a décima edición das Xornadas gastronómicas da lamprea nas dúas primeiras fins de semana de marzo.

Un total de catro establecementos ofrecerán a posibilidade de degustar menús coa lamprea de protagonista, a un prezo único de 50 euros, os días 1,2,3, 8, 9 e 10 de marzo. Un showcooking, un certame infantil de cociña e dous obradoiros divulgativos contribuirán a dar a coñecer tamén a cotizada delicia do Ulla.    

Restaurante O Secreto, Pulpería Rial, Restaurante O Santiaguiño e Casa Farrucán son os establecementos aos que poden dirixirse ás persoas que queiran degustar os menús lampreeiros, formados por entrantes, un segundo prato de lamprea, sobremesa e bebida. As opcións de cada restaurante, nas que destaca a tradicional preparación á bordalesa, poden consultarse na web de Turismo de Padrón e é preciso facer reserva previa chamando directamente ao local elixido, sempre tendo en conta que a dispoñibilidade dependerá da existencia de produto. 

O Concello de Padrón completa estas xornadas gastronómicas cunha serie de actividades nas que a lamprea é a protagonista e que teñen como fin dar a coñecer a historia e as peculiaridades do produto. Na zna do Ulla está tradición gastronómica remóntase aos romanos e hoxe en día só se pode atopar dentro da Península en áreas moi concretas de Galicia.

Actividades complementarias

O programa de actividades abrirase o venres 1 de marzo cun showcooking no que as persoas participantes terán a oportunidade de seguir as explicacións dun cociñeiro experto para elaborar en vivo tres pratos con lamprea. A inscrición, gratuíta, poderá facerse na web de Turismo de Padrón a partir do 15 de febreiro e as prazas, limitadas e dirixidas a persoas adultas, outorgaranse por rigorosa orde de apuntamento.

O sábado 2 será a cativada quen teña a oportunidade de demostrar as súas dotes culinarias no obradoiro infantil que se desenvolverá no auditorio a partir das once da mañá. Nenas e nenos de entre 5 e 12 anos encargaranse de cociñar dous pratos nos que utilizarán a lamprea como ingrediente principal. A inscrición abrirase tamén o 15 de febreiro en www.padrontruismo.gal/inscricions.

Xa na seguinte fin de semana, en concreto o sábado día 9 de marzo, desenvolveranse dous obradoiros de divulgación científica que nos achegarán ás moitas peculiaridades da lamprea. O primeiro, para cativada de entre 6 e 12 anos, terá lugar ás 11 da mañá e leva por título ‘Tes un primo prehistórico’. O segundo desenvolverase a partir das sete da tarde e nel as persoas adultas  poderán saber ‘Por que falar de monos tendo lampreas?’. Como nos casos anteriores, a inscrición para ámbalas actividades farase na web de Turismo de Padrón a partir do 15 de febreiro.

Post navigation

Previous: ADEGA presenta unha querela criminal por presunta prevaricación no parque eólico de Campelo, en Santa Comba
Next: A comarca do Sar renova a aposta polo emprego

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.