Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Xornadas gastronómicas da Lamprea en Padrón

padron xornadas da lamprea SLIDE 11 marzo 2025

A programación inclúe unha charla sobre a lamprea como organismo ancestral, un roteiro polo río e unha sesión inmersiva en Bandín que inclúe un paseo e a creación de pezas con arxila

Padrón acolle a undécima edición das Xornadas Gastronómicas da lamprea que se desenvolverán os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de marzo. Durante este período, prevese unha programación que combinará divulgación, natureza e gastronomía en torno a este prezado produto.

Os establecementos de Padrón colaboradores ofrecerán menús especiais elaborados para a ocasión. Nesta edición, está prevista a participación dos restaurantes Casa Farrucán, Restaurante O Secreto, O Santiaguiño e Chef Rivera.

Ademais da oferta gastronómica, o programa incluirá diversas actividades dirixidas a diferentes públicos. O venres 21 de marzo, ás 20:00 horas, o Restaurante Chef Rivera acollerá a charla Cultura científica con Juan Pérez Fernández, investigador de neurociencia da Universidade de Vigo.

A sesión incluirá un coloquio informal de divulgación científica no que se abordará a importancia da lamprea como organismo ancestral, as súa peculiaridades biolóxicas e a súa relevancia no ámbito da investigación científica. A actividade está orientada a un público adulto.

O sábado 22 de marzo, a partir das 11:30 horas, levarase a cabo a iniciativa Lamprea a pé de río, unha visita didáctica que permitirá coñecer de preto a bioloxía da lamprea, a súa importancia histórica e o seu ecosistema. A iniciativa busca fomentar a conexión co medio rural e poñer en valor este recurso gastronómico e cultural de Padrón. A proposta está dirixida a un público familiar.

O sábado 29 de marzo, ás 11:00 horas, será a quenda da Experiencia inmersiva en Bandín, Carcacía, que combinará contacto coa natureza e expresión artística. Trátase dunha proposta destinada ao público familiar que inclúe un paseo na compaña dun membro da Asociación Cultural Nosa Sra. da Mercé de Bandín que contará historias sobre o lugar e a lamprea do Ulla, así como a creación de figuras con arxila e auga da fonte Santa. A experiencia estará acompañada con música e sons acordes á actividade e ao lugar.

As prazas para estas actividades son limitadas, polo que será necesaria inscrición previa a partir do martes 11 de marzo a través da web www.padronturismo.gal/inscricions.

As Xornadas Gastronómicas son un evento de referencia na exaltación deste produto tradicional. Ademais da gastronomía, ofrecen un compendio de propostas culturais, divulgativas e de lecer que atraen visitantes de todas as idades, contribuíndo a fortalecer a imaxe de Padrón como destino destacado para a degustación desta especialidade culinaria.

Post navigation

Previous: Frades e a Consellería de Vivenda reúnense para planificar melloras no concello
Next: O amencer do venres tráenos unha eclipse de lúa

Máis novas

Un momento do pleno de Brion no que se destinou un millón de euros ao pago de facturas
4 minutes read
  • Xeral

Brión rebaixa a taxa do lixo

Rois: aprobadas en pleno a renovación de ordenanzas fiscais
3 minutes read
  • Xeral

Rois actualiza licencias e cede xestión á Deputación

Concello de A Estrada_DSC9226 slide_r
3 minutes read
  • Xeral

Reclama que se respete na Estrada a Lei de Memoria Democrática

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (740) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.