Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

II Torneo de Xadrez ‘Rosalía de Castro’ en Padrón

padron-torneo-xadrez-slide-28-novembro-2024_r

Bisbarra, 28 de novembro do 2024 – O Concello de Padrón colabora co Club Xadrez Padrón na organización da segunda edición do Torneo de Xadrez Rosalía de Castro, que terá lugar o sábado 21 de decembro no polideportivo municipal.

O evento está aberto a participantes de todas as idades, desde a categoría sub-8 ata veteranos maiores de 55 anos, demostrando o carácter interxeracional deste deporte. Nesta edición, o torneo repartirá máis de 500 euros en premios, incluíndo un premio de 120 euros para o gañador absoluto. Entregaranse tamén trofeos aos primeiros clasificados nas categorías feminina, local, veteranos, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8.

O obxectivo do torneo é fortalecer o papel de Padrón como un lugar de referencia para o xadrez en Galicia. Nos últimos anos, a vila acolleu campionatos galegos de distintas categorías, tanto por idades (sub-8 a sub-18) como os absolutos individuais e torneos galegos por equipos, en modalidades de partidas rápidas e Blitz.

O evento disputarase a sete roldas (ou oito se se superan os 90 participantes), con partidas rápidas de 10 minutos máis 3 segundos por xogada. A competición desenvolverase entre as 15:40 e as 20:20 horas e será válida para a puntuación ELO de partidas rápidas, un sistema recoñecido pola Federación Internacional de Xadrez que mide o nivel de xogadores federados de todo o mundo.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a ajedrezpadron@gmail.com ou mediante Whatsapp no número 679 167 890. O prazo de inscrición remata o 18 de decembro, e o número máximo de participantes será de 150. A menos dun mes para o torneo, xa hai máis de 20 xogadores inscritos.

Toda a información detallada pode consultarse na páxina oficial do torneo: https://info64.org/ii-torneo-rosalia-de-castro-concello-de-padron

Post navigation

Previous: Brión comeza a humanización da AC-543
Next: O 15 de decembro celebrarase o mercado de Nadal da Baña

Máis novas

Un momento do último Consello de Goberno da USC
5 minutes read
  • Xeral

A convivencia interxeneracional un dos eixos do plan de vivenda de estudantes da USC

José Antonio Domené solista na entrega do Portus Apostoli no Harp Fest de Noia
5 minutes read
  • Xeral

O arpista José Antonio Domené súmase ao Noia Harp Fest

Unha imaxe da última edición do WOS Festival
3 minutes read
  • Xeral

Primeiras confirmacións no WOS Festival 2026

Vehículos de emerxencias nunha intervención
2 minutes read
  • Teo

Teo homologa o Plan de Emerxencias Municipal

Imaxe da Ponte Maceira nas Noites en Vela nuha edición pasada
3 minutes read
  • Xeral

Hoxe chegan as Noites en Vela de Ponte Maceira

Imaxe aérea de Bertamiráns, imaxe de Google Maps
2 minutes read
  • Ames

Alertan da inseguridade en Bertamiráns, Ames

O desenvolvemento de novos fármacos é un proceso longo e complexo. A galega Celtarys, radicada en Compostela, ven de presentar unha tecnoloxía que reduciría o tempo necesario, substituíndo sustancias radioactivas por solucións máis accesibles, sustentables e utilizables en calquera laboratorio.
4 minutes read
  • Xeral

A galega Celtarys desenvolve unha nova tecnoloxía para a validación de fármacos sen radiación

Cartel do festival Lanzadeira 2026
4 minutes read
  • Compostela

Maneiro artista invitado este sábado no Festival Lanzadeira

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2774) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (613) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (812) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (728) Politica (942) saúde (528) Servizos (2674) sindicatos (109) Social (552) sucesos (129) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (692) Turismo (222) Universidade (581) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.