Padrón, 23 de xuño do 2019 – O novo goberno de Padrón do Partido Popular ten preparada unha proposta de acordo que suporá dedicar 142.000 euros a soldos do equipo de goberno.
Hai catro anos eses soldos non pasaron dos 75.000 €. A medida que a oposición comezou a negociar unha moción de censura o Partido Galeguista, hoxe integrado no PP, puxo esa cantidade como tope para un novo goberno. Agora, con maioría absoluta, estarán cerca de duplicala.
Dedicacións exclusivas
O alcalde, Antonio Fernández Angueira, aumentará a súa nómina en máis de 6.000 €. Dos 37.000 aprobados en xullo do 2015 agora proporá cobrar 43.900. O sorprendente e que na distribución de competencias previstas só aparece como alcalde presidente sen que se asigne ningunha área específica.
A segunda dedicación exclusiva será para Lorena Couso que terá unha nómina de algo ´máis de 28.000 € brutos. Couso ocuparase no novo goberno de cultura, turismo e Xacobeo 21, comercio, casco histórico, igualdade e Muller, Xuventude e voluntariado, terceira idade, política lingüística e información e comunicación.
Dedicacións parciais
As dedicacións parciais son compatibles cos distintos traballos dos concelleiros. En todo caso según o artigo 75 da Lei de Bases de Réxime Local terán que tender as tarefas de concelleiros despois da xornada laboral.
José Ramón Pardo encargarase de urbanismo, vivenda e solo, excluído o ámbito do casco histórico, vías e obras, parques e xardíns, cemiterios e abastecemento de auga potable e saneamento. Por todo ela terá unha dedicación parcial dun 45 % pola que cobrará 19.500 €.
Ángel Rodríguez, portavoz na lexislatura anterior do Partido Galeguista e agora integrado no Partido Popular, cobrará 17.500 € compatibles co seu posto de prevención de incendios na Consellería de Medio Rural. Encargarase no novo equipo de saúde pública, deportes, tráfico, protección civil e emerxencias, persoal e festexos cunha dedicación dun 40%.
Francisco Javier Guillán percibirá tamén 17.500 € coa mesma dedicación. Encargarase de alumeado público, xestión enerxética e bombeos, limpeza viaria e alcantarillados, recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos, praza de abastos, rnercado dominical e, en xeral, venda ambulante.
Ana Belén Luezas e Francisco García terán unha dedicación dun 20% que suporá uns emolumentos de 8.000 €. Luezas encargarase de educación e ensino, servizos sociais (excluídos os servizos vinculados á terceira idade, o Centro de información á muller e, en xeral, igualdade e muller) e novas tecnoloxías. Mentres que García ocuparase da promoción do emprego e traballo, Medio ambiente e Relacións veciñais.
Pleno e informe de intervención
Aínda que moitas veces se obvia é preciso que estes soldos vaian acompañados dun informe de intervención que asegure que existe consignación orzamentaria suficiente.
Todo será levado a pleno para ser aprobado. A maioría absoluta obtida polo Partido Popular fai prever que non haxa impedimento. A data está aínda por confirmar pero terá que ser antes do 15 de xullo.