Padrón, 11 de xullo do 2017 – O concello de Padrón presentou as actividades que se celebrarán dentro do programa da romería do Santiaguiño do Monte.
Despois da Pascua o Santiaguiño do Monte e probablemente a festa máis importante de Padrón e reúne cada ano a milleiros de persoas na ermida dedicada ao santo
A romaría por excelencia en Galicia terá unha chea de actividades desde o próximo día 18 ata o 25 e na que destacan os concertos de Ysied o xoves 20 ou o de Nastasia Zürcher Beat Trío o 23.
Pero sen duda este ano o Santiaguiño do Monte será especial xa que o día 24 entregarase o I Galardón Peregrino de Honra a Pepe Domingo Castaño un veciño moi querido e que non perde oportunidade onde vai para falar da vila. O día terá tamén o habitual derbi asnal olas rúas da vila e pechará a xornada co concerto de The Vacas.
A continuación tedes o programa completo do Santiaguiño do Monte 2017.
Martes 18
22.00 h: Actuación da escola de baile El Tomasón. Praza de Macías.
22.00 h: Espectáculo infantil e familiar “Uxía Lambona e a Banda Molona” (xira 2017). Praza de Macías.
Mércores19
22.00 h: Títeres A Xanela do Maxín: “O murmurio do mar”. Praza de Macías.
Xoves 20
20.30 h: Concerto de Ysied. Praza de Rodríguez Cobián.
Venres 21
22.00 h: Teatro musical “A Gramola Gominola”. Praza de Macías.
23.30 h: La Duendeneta & Raparigas Dj. Travesía do Campo da Feira (detrás do campo de fútbol).
00.30 h: La Duendeneta & Raparigas Dj. Rúa Herreros
Sábado 22
13.00 h: Dani Barreiro & Kids. Parque Infantil.
20.30 h: Sanjurjo e Dopico. Fondo de Vila.
22.00 h: Concerto de Strobos. Praza de Macías.
23.30 h: Concerto de The Cerne. Praza de Macías.
Domingo 23
13.00 h: Mr. Cool & Ton Risco. Rúa Longa.
20.30 h: Nastasia Zürcher Beat Trío. Praza Ramón Tojo.
22.00 h: “A nena que quería navegar”, de Redrúm Teatro.
Praza de Macías.
23.30 h: Actuación musical de Enzo. Praza do Castro.
Luns 24
13.00 h: Misa do Peregrino na Igrexa Parroquial de Padrón. Ao remate da misa, entrega do galardón “Padrón, Berce do Xacobeo” a Pepe Domingo Castaño como I Peregrino de Honra.
Durante todo o día, os peregrinos que se acheguen á Oficina de Turismo recibirán un agasallo.
17.15 h: Que Inchadiña Branca Vela. Subida en dornas polos ríos Ulla e Sar en homenaxe a Rosalía de Castro e a Asociación Cultural Dorna. Chegada ao Paseo do Espolón. Actuación do Grupo Folclórico Rosalía de Castro.
20.15 h: Pasarrúas do Grupo Folclórico Rosalía de Castro, previo ao Derbi Asnal.
20.30 h: Tradicional Derbi Asnal 2017 polas rúas de Padrón, presentado polo locutor director de Radio Valga, Héctor Bermúdez Touceda.
21.30 h: Espectáculo familiar de humor a cargo de Isla Letriska. Rúa Real.
22.30 h: Concerto de De Vacas. Praza de Macías.
00.00 h: Concerto de Treixadura.
Martes 25:
10.00 h: Bombas de palenque. Grupos de gaiteiros percorren as rúas de Padrón, anunciando o día grande das Festas do Santiaguiño.
10.30 h: Saída da procesión coa imaxe do Santiaguiño desde a Igrexa Parroquial, acompañada polos grupos de gaitas O´Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, Brisas do Ulla, Xoldra, Os Breas, Os Mersenarios, Bolombo e Airiños do Meda, que animarán a romaría durante todo o día.
11.00 h: Subida da procesión ao Monte Santiaguiño.
Servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade para subir á Romaría do Santiaguiño.
Saídas desde O Souto: 11.30 / 12.00 / 12.30 / 13.00 / 13.30 / 14.00 / 14.30 / 15.00 / 17.00 17.30 / 18.00 / 18.30 / 19.00 / 19.30 / 20.00
12.00 h: Misa.
13.00 h: Celebración da Misa Grande da Festa do Santiaguiño, cantada pola Coral Polifónica Padronesa.
Servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade para baixar da Romaría do Santiaguiño.
Saídas desde O Santiaguiño: 11.45 / 12.15 / 12.45 / 13.15 / 13.45 / 14.15 / 14.45 / 15.15 / 17.15 / 18.15 / 18.45 / 19.15 / 19.45 / 20.15
13.30 h: Comezo da Gran Sardiñada, con reparto gratuíto de pan de millo.
13.45 h: Actuación do grupo folclórico O´Pedrón (palco fronte á capela).
16.00 a 20.00 h: Actividades familiares: xogos tradicionais, zona de xogos en familia, touro mecánico e Festa da Escuma (18.30 horas).
20.00 h: Baixada en procesión do Monte Santiaguiño.
21.00 h: ‘Reggae Romaría‘ no Monte Santiaguiño, coas actuacións de Cachas & Cousins, High Paw feat Laura Mercy & Nanho Selektah, V Rocket e Mandril Selektah.