Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón festexa ata o 26 o Santiaguiño

paron santiaguinho 4 xullo 2025

A Romaría Popular, a Inchadiña, teatro, maxia, música ou o Festival Utreía son parte dunha programación ampla e variada para unha das festas máis tradicionais da bisbarra, o Santiaguiño.

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Turismo e Festexos, Chus Campos, presentaron o cartel do Santiaguiño 2025. O amplo programa de actividades desenvolverase ata o 26 de xullo e inclúe música, teatro, espectáculos infantís e de rúa, así  como emblemática romaría popular do 25 de xullo. Todos os espectáculos son gratuítos.

Un dos pratos fortes do Santiaguiño é o festival Ultreia, que terá lugar a fin de semana do 18 e do 19 de xullo e contará cunha chea de actuacións dos máis diversos estilos para todo tipo de públicos. Abranguerá tanto a música tradicional de Xurxo Fernandes ou a mestizaxe musical do Sonoro Maxín (ámbalas actuacións, o venres na praza de Macías.

Tamén incluirá como proposta de cultura urbana O son do Sar, con rap, regueifas ou freestyle (o sábado no Espolón). A madrugada de venres e de sábado a troula continuará con Open Air e DJ como Matrek, Iván Mata, La Buena Vida, Prada, MRJ e Pitty.

O Santiaguiño contará os dous días con punto lila no Paseo do Espolón.

O público familiar e a cativada serán os grandes protagonista do programa nos seguintes días. O luns 21 de xullo, Teatro Gazafelhos e a escritora e divulgadora María Canosa poñerán en escea H2… Oh!, unha proposta chea de curiosidades científicas e humor que buscará a complicidade da persoas asistentes para levar a cabo diversos experimentos.

O Santiaguiño continuará o martes 22 co espectáculo de novo circo e acrobacias aéreas Dende arriba, da compañía Hípica Celta, e o mércores 23, con catro funcións do mago Antón xunto á obra de teatro infantil Barriga Verde e o Estragapandeiros, a cargo de Títeres Cascanueces.

Ademais, nenas e nenos contarán cunha festa propia neste Santiaguiño 2025. Celebrarase no campo do Souto o xoves 24 entre as 5 e as 9 da tarde e estará chea de diversión e sorpresas.

O xoves 24, a festa estenderase dende a tarde ata ben entrada a madrugada cunha intensa programación, que se completará coa actuación da asociación cultural Rosalía de Castro no Xardín Botánico-Artístico; cun monólogo de Pepe Suevos; e coa animación musical do grupo padronés UYF’75, da banda Somoza Trío e do DJ Bruno Deejay.

A Romaría do Santiaguiño

O día grande das festas, venres 25 de xullo, celebrarase a tradicional romaría na área recreativa do Santiaguiño do Monte. A xornada iniciarase ás 10.00h coa misa na igrexa parroquial de Santiago, seguida da tradicional procesión ata o monte, lugar no que se celebrarán a misa grande cantada pola Coral Polifónica Padronesa e a popular sardiñada, con reparto gratuíto de cachelos, pan de millo e bolos preñados.

Durante todo o día haberá animación musical a cargo dos grupos folclóricos O’Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira e Xoldra, mentres que a cativada poderá desfrutar dunha nova celebración infantil, con inchables de auga e festa holi, a partir das 16.30h.

O Concello poñerá en funcionamento un servizo de transporte adaptado para facilitar á subida ao monte dende o Campo do Souto.

As festas pecharanse o sábado 26 de xullo coa recepción no Paseo do Espolón a todas as persoas participantes na Inchadiña Branca Vela, homenaxe da xente do mar a Rosalía cun desfile marítimo-fluvial remontando o Ulla e O Sar.

Post navigation

Previous: Xornadas de portas abertas no aeródromo militar de Santiago
Next: Comezan as Festas do Apóstolo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.