Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O Santiaguiño volveu a encher o monte San Gregorio de Padrón

Padrón celebrou o día grande do Santiaguiño con milleiros de persoas participando na romaría popular que se celebra no monte San Gregorio.
Festa do Santiaguiño do Monte en Padrón con moita afluencia de público

Paseo dos santos polo casco histórico de Padrón

Bisbarra, 26 de xullo do 2023 – Padrón celebrou o día grande do Santiaguiño con milleiros de persoas participando na romaría popular que se celebra todos os 25 de xullo no monte San Gregorio.

Ata alí foi trasladado a imaxe de Santiago Peregrino por catro mozos que, antes de subir as escaleiras ao monte, percorreron en procesión as principais rúas do casco histórico, bailando o santo, como é tradición no Santiaguiño.

Cando chegou o Santo, moitas familias e grupos de amigos tiñan xa reservada a súa parcela no monte San Gregorio, onde o Concello repartiu de xeito gratuíto 350 quilos de sardiñas. Cada ración levaba 2 sardiñas, un bolo preñado, pataca cocida e pan de millo para saciar o padal de moitos centos de comensais que agardaron a súa quenda na cima do monte.

Pouco despois da unha da tarde, mentres retiraban o seu xantar popular, a concelleira Chus Campos entregáballe a cada persoa un sombreiro conmemorativo da festa deste ano. Os 500 sombreiros quedáronse escasos ante a masiva afluencia de romeiros.

A festa do Santiaguiño comezaba pouco despois das dez e media da mañá coa tradicional procesión polo casco histórico, que, coma todos os anos, partiu da casa consistorial. De aquí saíron o Neno Xesús, Santa Bárbara, San Blas e San Xoán do Raio. Cando chegaron á igrexa parroquial sumáronse á comitiva as imaxes de San Antonio, Santa Lucía e Santiago Peregrino, coñecido popularmente en Padrón, como O Parrandeiro, que vai bailando durante a procesión ao ritmo que marcan os seus porteadores.

Os grupos de gaitas O Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e Os Mersenarios, animaron tanto a procesión, como a subida ao monte. Foron eles tamén os que puxeron a nota musical nunha masiva romaría campestre.

Despois de xantar houbo xogos de animación para a cativada, ata que as sete e media O Parrandeiro volvía a baixar as escaleiras do monte San Gregorio ata a igrexa parroquial de Santiago de Padrón, para agardar pola vindeira festa.

Pola noite, o concerto de Ruxe Ruxe puxo o colofón a unhas festas do Santiaguiño que, sobre todo durante a fin de s emana, encheron as rúas de Padrón de público con moitas ganas de pasalo ben.

Post navigation

Previous: A Fiscalía abre dilixencias polas autorizacións de vertidos en San Finx
Next: A Asociación Peregrinos Musicales ofrece catro concertos no Apóstolo

Máis novas

compostela feiito a man 4 agosto 2026
4 minutes read
  • Axenda

Comeza o XXIII edición do Feito a Man

compostela festival c 4 agosto 2026
3 minutes read
  • Axenda

O Festival C enche Compostela

TOURO VEST VERA 1 AGOSTO 2026
2 minutes read
  • Xeral

Noites no Ulla, a edición de verán de Ulla Fest

Ponte de San Lázaro Noia
2 minutes read
  • Xeral

Noia renovará a ponte peonil de San Lázaro

compostela centro mercadprias 31 xullo 2026
6 minutes read
  • Compostela

Nova etapa en Compostela na distribución de mercadorías

frades pleno xullo 31 xullo 2026
4 minutes read
  • Frades

Frades destina 95.000 euros de fondos propios a mellora de pistas

teo pleno extraordinario sobre o concello slide 1 setembro 2025.jpeg
3 minutes read
  • Teo

Teo aproba definitivamente os cambios no PXOM

compostela demandantes de vivenda 24 outubro 2018_slide
8 minutes read
  • Xeral

Compostela xa é unha zona de mercado residencial tensionado

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.