Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Rois
  • Xeral

O Día da Bicicleta de Padrón e Rois servirá de homenaxe a lenda locais do ciclismo

Cartel_dia_bici_padron_rois-slide-19-agosto-2024-20240824_r

Bisbarra, 19 de agosto do 2024 – Padrón e Rois celebraran en conxunto o Día da Bicicleta 2024 homenaxeando a Blanco Villar, José Manuel Oliveira e José Ángel Vidal.

Este Día da Bicicleta tan particular terá lugar o vindeiro sábado día 24. O evento, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña e o Club Ciclista Padronés, pretende ser unha festa do deporte aberta a persoas de todas as idades e niveis de experiencia.

En total percorreranse 15,5 quilómetros nunha ruta con saída e chegada no paseo do Espolón de Padrón e que contará cun avituallamento intermedio na praia fluvial de Seira, en Rois, onde os ciclistas poderán repoñer forzas antes de continuar a súa travesía.

A saída está programada para as 11:00 horas e todos os participantes recibirán agasallos. Ademais, ao finalizar o percorrido, sortearase unha bicicleta entre todos os asistentes, o que promete engadir un toque de emoción extra ao evento.

É importante lembrar que todos os menores de 11 anos deberán ir acompañados por un adulto, e que o uso do casco será obrigatorio para todos os participantes.

As inscricións realizaranse o mesmo día 24, entre as 9:45 e as 10:45 horas no punto de encontro do paseo do Espolón.

Esta xornada deportiva non só promove un estilo de vida saudable, senón que tamén serve para honrar o legado dos ciclistas que, co seu esforzo e dedicación, puxeron o nome de Padrón e de Rois no mapa do ciclismo nacional.

Este evento forma parte das actividades previas á undécima etapa da Vuelta Ciclista a España, que terá como punto de saída e chegada o Campus Tecnolóxico Cortizo o día 28 de agosto, un feito que subliña unha vez máis a tradición ciclista da comarca do Sar.

Para máis información sobre o evento, as persoas interesadas poden contactar co Centro Social de Padrón no teléfono 981 811 329 ou co Edificio Multiusos de Rois no teléfono 981 816 061.

Post navigation

Previous: Rois apostará pola creación dunha comunidade enerxética
Next: Visita nocturna aos petróglifos da Peneda Negra e Monte Castelo

Máis novas

compostela arco de mazarelos_good 7 novembro 2026
3 minutes read
  • Compostela

Unha nova vida para o Arco de Mazarelos

ateneo desafios intelixencia artificical 7 novembro 20226
2 minutes read
  • Xeral

Os desafíos da Intelixencia Artificial nos Luns do Ateneo

mancomunidade ordes saida patrimonio 5 novembro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Nova saída para coñecer a Mancomunidade de Ordes

bng maes parquing milladoiro 6 novembro 2026
3 minutes read
  • Xeral

As incógnitas do aparcadoiro do Milladoiro

deputacion via verde remata en marzo 6 de novembro 2026 (1)
4 minutes read
  • Xeral

A Vía Verde podería estar rematada en marzo

KD&L
3 minutes read
  • Axenda

Kitty, Daisy e Lewis abren o Outono Códax Festival

Sesión constitutiva IX Lexislatura
3 minutes read
  • Xeral

Os colexios seguen pedindo reformas

Teo: Mara Cajaraville foi afeccionada aos cabalos dende que era moi pequena. Fotos familiares
5 minutes read
  • Xeral

San Martiño 2026

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2086) Ciencia (116) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2831) Curtocircuito (40) Deportes (751) Economía (450) Educación (778) eleccions (50) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (623) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1441) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1626) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (834) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (738) Politica (951) saúde (534) Servizos (2704) sindicatos (109) Social (567) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (588) urbanismo (265) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.