займ срочно

Reclaman unha residencia de maiores e reformas no centro de saúde de Padrón

0

Bisbarra, 21 de novembro do 2022 – Os orzamentos da Xunta seguen sendo obxecto de emendas e agora os socialistas de Padrón son os que reclamarán unha residencia de maiores e reformas no centro de saúde da vila.

A parlamentaria Noa presentou as emendas xunto co secretario xeral e o portavoz do PSdeG local, Anxo Arca. Díaz alertou do “raquitismo orzamentario” ao que a Xunta condena ao Concello de Padrón nos Orzamentos para o próximo ano.

A parlamentaria engade que Padrón desapareceu “virtualmente” dos orzamentos da Xunta. Só quedan dúas actuacións de Augas de Galicia que foran paralizadas no 2009 e que se recuperan grazas aos fondos europeos.

Díaz reclama ademais un novo edificio para a escola de educación infantil de Estramundi, a que máis demanda de prazas ten no Concello, polo que pide “unha nova escola con novos espazos e capacidade suficiente para atender á demanda educativa” de Padrón. Os socialistas galegos incluirán entre as emendas aos Orzametnos a construción de novas instalacións polideportivas para o Concello, que “precisa de novas instalacións con máis oferta deportiva”.

A parlamentaria socialista pediu ademais a construción dunha nova biblioteca pública para o concello, xa que a actual “non está adaptada, o espazo é moi reducido e o mobiliario e os fondos resultan insuficientes”, e demanda un novo inmoble cunha capacidade mínima de 100 usuarios.

O Grupo Socialista reclama tamén un Plan de mobilidade sostible, que inclúa a construción de sendas fluviais para peóns e carril bici no entorno do río Sar, ademais da construción dun velódromo que dea saída á tradición ciclista da localidade. As emendas inclúen a instalación de dúas estacións de medición da calidade do aire, a extensión da rede de saneamento á parroquia de Carcacía e do núcleo da Escravitude e a substitución das canalizacións de auga potable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies