Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Reclaman unha nova escola de infantil para Extramundi en Padrón

O Psoe levou ao Parlamento a reclamación da construción dunha nova escola de educación infantil para o lugar de Extramundi en Padrón.
psoe padron escola extramundi 26 decembro 2022

Bisbarra, 26 de decembro do 2022 – O partido Socialista levou ao Parlamento de Galicia unha iniciativa que reclama da Xunta a construción dunha nova escola de educación infantil para o lugar de Extramundi en Padrón.

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noa Díaz, lamenta que “o PP teña rexeitado tanto esta infraestrutura como as obras de mantemento necesarias para garantir unhas condicións dignas para os nenos e nenas da Escola de Estramundi de Arriba”. Díaz asegura ademais que “da a impresión que a intención é pechar a escola”.

Lugar de extramundi en Padrón

Díaz solicitara que mentres non se dera construído unha nova escola, a lo menos o goberno galego asumira o cambio da cuberta, unha obra estrutural que é competencia do goberno galego. Lembra que a propia comunidade educativa se ten dirixido ao Concello para denunciar tamén o estado “deplorable” das fachadas, con “gretas, desatascados, buratos e fungos”.

Noa Díaz sinalou que “ben o Concello de Padrón ou ben a Xunta de Galicia deberan garantir que os nenos e nenas de Estramundi asistan ás súas clases en condicións dignas dunha educación pública de calidade”. Lembra que a Xunta si que está a acometer obras como estas noutros centros educativos, e reclamou que inclúan á escola de Padrón no seu Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica “cuxas previsións descoñecemos, tal e como quedou hoxe claro”. Advirte ademais de que o “lamentable estado” da escola funciona como elemento disuasorio para ampliar a matrícula”.

Esta escola é nestes momentos a de maior demanda de prazas do Concello, con previsión de aumentar nos próximos anos pola chegada de segundos e terceiros irmáns e irmás do alumnado actual, ademais de que por cuestións de conciliación tamén é o recurso educativo máis axeitado para a plantilla da sede central da empresa Cortizo.

Post navigation

Previous: O Ministerio de Transportes aproba o proxecto de nova entrada para o Polígono do Milladoiro
Next: Continúan os problemas no Psiquiátrico de Conxo

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.