займ срочно

Música, obradoiros, teatro na programación do Nadal de Padrón

0

Bisbarra, 14 de decembro do 2022 – O concello de Padrón presentou a súa programación de Nadal na que comezará o vindeiro día 17 e durará ata o seis de xaneiro.

A programación de Nadal abrangue unha ampla oferta de actividades culturais e de ocio, totalmente gratuítas, cunha clara aposta pola música, os obradoiros e o teatro. Non faltarán tampouco a tradicional visita de Papá Noel aos centros educativos, ou á praza de Macías, e a tradicional Cabalgata de Reis.

A novidade deste ano vén da man da actividade do Nadal rula por Padrón, coa que o Concello quere facer partícipes a toda a veciñanza, descentralizando a actividade e achegándoa ao rural.

Recepción dos Reis Magos á cativada no pavillón polideportivo do Souto.

Segundo explica a concelleira de Cultura de Padrón, Lorena Couso “esta ampla oferta cultural e de ocio que presentamos, xunto coa campaña de decoración de escaparates, balcóns e fachadas que temos en marcha animará e dinamizará este Nadal facendo de Padrón un pobo máis atractivo para a veciñanza e para os visitantes”.

O Concerto de Panxoliñas abrirá o 17 de decembro os actos programados para este Nadal en Padrón. Terá como escenario o auditorio municipal (19.00 horas) e nela participarán a Coral Polifónica de Betanzos; a Coral Avogados de Pontevedra e a Coral Polifónica Padronesa.

A música seguirá sendo a protagonista o domingo 18 de decembro, xornada na que terá lugar o Concerto de Nadal a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón.

Unha das visitas máis esperadas desta época do ano é a de Papá Noel, que percorrerá os centros educativos de infantil e primaria de Padrón os días 19 e 20 de decembro, recollendo as peticións das nenas e dos nenos e pasando con eles un anaco agradable. A recepción que este singular personaxe que lle ofrece aos máis pequeno terá lugar o venres 23 de decembro, na praza de Macías, de 18.00 a 20.00 horas.

Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro desenvolverase a iniciativa cultural e de ocio O Nadal rula por Padrón. Trátase dunha serie de talleres e actividades pensadas para toda a familia que se desenvolverán en horario de mañá, na Escravitude, Pazos, Arretén, Extramundi, Carcacia, Herbón e A Ponte. Para poder participar é necesario inscribirse no centro social a partir do luns día 12.

Da man dos Bolechas chegará o 29 de decembro ao auditorio padronés A Bruxa Befana (18.00 horas), un espectáculo para toda a familia que conta unha trepidante aventura chea de emocións.

Pecharán a programación de Nadal en Padrón a Cabalgata de Reis, o 5 de xaneiro, e o tradicional Concerto de Reis, a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón, o 6 de xaneiro (19.00 horas, no auditorio municipal).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies