Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

A Banda de Música de Padrón presenta a nova tempada baixo o lema ‘Celebrar’

padron-tempada-banda-de-musica-slide-12-novembro-2024_r

Bisbarra, 12 de novembro do 2024 –  A Banda de Música Municipal de Padrón presentou a súa programación para a tempada 2024-2025, que leva por título Celebrar.

No acto de presentación participaron o presidente da Banda, José Cerqueiras; o director da agrupación, Santi Mella; e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, que destacaron o papel desta nova tempada como unha invitación a participar da música como elemento de unión na comunidade.

Programación

A programación consta de cinco concertos temáticos que buscan homenaxear a cultura, as tradicións locais e tamén aqueles que deixaron a súa pegada na historia e na vida musical do municipio.O primeiro será o Concerto de Santa Icía titulado “Aniversarios”, que terá lugar o sábado 16 de novembro ás 19.00 horas no Auditorio Municipal de Padrón, dirixido por Santi Mella. Este concerto inaugural estará dedicado á memoria de Daniel Calvo Saco, un mozo que foi membro da Banda, cunha homenaxe especial no seu recordo.

A programación continuará en decembro co Concerto de Nadal, que leva por título “Loanza”, seguido dun Concerto de Ano Novo, titulado “Un novo ano”, que celebrará a chegada do 2025. En febreiro, a Banda ofrecerá un Concerto de Entroido chamado “Entroidada”, mantendo viva esta tradición festiva e cultural. Finalmente, a tempada pecharase en maio co concerto da segunda edición do Día da Memoria Democrática Padronesa, que nesta ocasión recibe o nome de “A liberdade”, un evento especialmente significativo que honra a memoria e a democracia na historia local.

O Concello de Padrón anima a veciños e visitantes a participar nesta tempada de concertos, que poñerá en valor a música como expresión cultural de Padrón e permitiralle á veciñanza celebrar con orgullo a súa identidade e memoria, unindo pasado e presente a través da música.

Post navigation

Previous: O máis lido de Lindeiros do 4 ao 8 de Novembro
Next: Este xoves comeza Cinema Miúdo en Ames

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.