займ срочно

José Ignacio Domingo Regidor gaña o XXXII Premio Literario Camilo José Cela

0

Bisbarra, 27 de decembro do 2022 – “No son los lobos”, de José Ignacio Domingo Regidor, foi a obra gañadora do XXXII Premio Literario Camilo José Cela que outorga o concello de Padrón.

Ao Camilo José Cela Presentáronse un total de 141 relatos procedentes de toda España, unha cifra que, de acordo coa concelleira de Cultura Lorena Couso Dopazo, “demostra a dimensión que acadou este galardón, que xa traspasa con moito as fronteiras da nosa Comunidade autónoma”.

O premio está dotado cunha achega económica de 1.500 euros. Para Lorena Couso, o premio é “unha mostra do compromiso de Padrón coa creación e coa palabra; para esta vila, de enorme tradición literaria fundada no traballo inmortal de autores como Cela ou Rosalía de Castro, é case un deber apoiar aos escritores e ás escritoras emerxentes”.

Couso Dopazo presidiu o xurado, do que formaron parte ademais Carlos Arias Iglesias, premiado na segunda edición do concurso; Beatriz Vázquez Lorenzo, licenciada en Filoloxía inglesa; Inés Mosquera Calvo, mestra de Educación Primaria e investigadora do Centro Ramón Piñeiro; Esteban Folgar Brea, profesor de lingua e literatura do IES da Estrada; Covadonga Rodríguez del Corral, directora xerente da Fundación Pública Galega Camilo José Cela; e M.ª Cruz Taboada Álvarez, funcionaria do Concello de Padrón.

O xurado valorou do texto gañador “a creación dunha voz narrativa propia, o emprego axeitado do dialectalismo e coloquialismos para debuxar a soidade interna e externa e o illamento dende a perspectiva da idade avanzada e o anonimato”.

José Ignacio Domingo Regidor (Zaragoza, 1967) é licenciado en Veterinaria e desenvolve a súa actividade profesional na Asociación de Industrias de Alimentación de Aragón, dedicada á promoción dos alimentos desa comunidade. Publica artigos de carácter profesional en Heraldo de Aragón e Periódico de Aragón.

Como escritor, José Ignacio Domingo ten recibido numerosos premios literarios de relato breve: finalista do premio de relato corto do Ateneo Mercantil de Valencia 2021 e 2º clasificado neste mesmo certame en 2019; 3º premio no concurso de relatos sobre o despoboamento Terra Vacua 2018; gañador do concurso de relato breve de Heraldo.es en 2018; gañador do concurso de relato breve Barrio de Torrero de Zaragoza en 2016 e gañador do concurso de relato corto La Azucarera 2014.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies