Bisbarra, 17 de xaneiro do 2025 – O concello de Padrón aprobou o pasado luns, en sesión extraordinaria, o POS+ Adicional para gastos sociais extraordinarios.

Padrón recibirá da Deputación da Coruña 61.903,04€. De estas cartos 46.903,04€ destinaranse ao fondo de axudas de emerxencia social. O obxectivo é cubrir necesidades básicas esenciais das persoas en situación de vulnerabilidade tales como vivenda, alimentación, gastos médicos ou farmacéuticos, educación e transporte.
Por outra banda destínanse 15.000 € ao Programa Babel, que se centra na integración de persoas migrantes e mulleres en situación de vulnerabilidade. Este programa ten como obxectivo a alfabetización, a aprendizaxe do idioma e a adaptación á contorna, brindando as ferramentas necesarias para mellorar a inclusión social e empregabilidade destes colectivos.