Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

PUBLI bng 25 XULLO
Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro

cartel_dia_rosalia-2017

Bisbarra, 19 de decembro do 2024 – O Concello de Padrón, en colaboración coa Casa de Rosalía, convoca a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro.

Un certame literario que ten como obxectivo promover a poesía en lingua galega e renderlle homenaxe á escritora máis universal das nosas letras. O Certame Poético Rosalía de Castro está aberto a persoas de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas en galego, non premiadas noutros concursos.

O tema e a forma poética son libres, mais os traballos deben contar cunha extensión mínima de 400 versos e presentarse en papel, con letra Arial tamaño 12, por quintuplicado e baixo o sistema de plica.

O prazo para o envío das obras comeza o 3 de xaneiro e remata o 17 de marzo de 2025. Deberán remitirse ao Concello de Padrón, Rúa Longa nº 27, 15900 Padrón (A Coruña), indicando no sobre “XI Premio de Poesía Rosalía de Castro”.

O xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega e presidido polo alcalde de Padrón, dará a coñecer a obra gañadora antes do 17 de maio de 2025. O premio será entregado nun acto público que se celebrará en datas próximas ao Día das Letras Galegas.

A obra gañadora recibirá un premio único de 1.500 euros, un diploma acreditativo e será publicada na colección de Poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón.

As bases completas do certame poden consultarse na páxina web do Concello ou solicitando información no correo electrónico cultura@padron.gal ou no teléfono 981 811 329.

Na pasada edición, o gañador foi o pintor e poeta vilagarcián Xurxo Alonso García coa obra presentada baixo o lema Acta de sospeita.

Post navigation

Previous: Repoboar o futuro
Next: 50.º aniversario da Festa do queixo de Arzúa

Máis novas

imaxe do proxecto da mina de Touro
4 minutes read
  • Xeral

Alertan no Parlamento dos perigos da reapertura da mina de Touro

compostela programación apostolo 15 xullo 2026
12 minutes read
  • Axenda

Que e quen no Apóstolo 2026

Casa Consistrorial de brion
2 minutes read
  • Xeral

A Festa dos maiores de Brión abre un novo debate

Sindo Guinarte e Marta Aball, concelleiros socialistas que piden a modificación da ordenanza de convivencia
2 minutes read
  • Xeral

Piden a actualización da ordenanza de convivencia de Santiago

Cartel do festival emerxente de Ames
5 minutes read
  • Ames

Ames prepara xa o Festival Emerxente

Monmento en que asinan o acordo s deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro; e a presidenta do Consello da Cultura Galega, Dolores Vilavedra.
3 minutes read
  • Compostela

Escola, cultura e territorio

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Cartel do evento Sabor a novo que se celebrará o Pazo de San Lourenzo
5 minutes read
  • Axenda

Sabor a novo no Pazo de San Lourenzo

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2770) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (612) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1429) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1617) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (811) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (727) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (550) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.