Bisbarra, 14 de novembro do 2023 – O concello de Padrón afronta estes días tarefas de poda co obxectivo de protexer as distintas árbores senlleiras do municipio.

O concello ten distintas árbores catalogadas como senlleiras tanto no xardín botánico como na Casa de Rosalía. A isto hai que engadir que os plataneiros do paseo do Espolón son tamén unha das formacións senlleiras de Galicia.
Os traballos de poda que acomete estes días o concello de Padrón servirán para protexer a todas estas especies dos problemas e riscos derivados das situacións meteorolóxicas adversas de vento e de chuvia.


Os traballos contaron con asesoramento técnico especializado con fin de evitar malas prácticas que puxeran en risco ás árbores. Os traballadores atenderon a criterios científicos co fin de reducir o risco de lesións e problemas posteriores. No pasado ás arbores do paseo tiveron serios problemas de plagas que polo momento parecen controladas.