займ срочно

Padrón aproba un orzamento de case 9,5 millóns de euros

0

Padrón, 30 de maio do 2022 – Padrón aprobou en pleno o orzamento municipal para o presenta exercicio que se achega aos 9,5 millóns de euros e que destinan a investimentos preto de 1,2 millóns.

Segundo o goberno municipal o obxectivo de este orzamento é “ser parte activa e dinamizadora da economía, xerando emprego para activar a demanda e o consumo”.

Pleno da Corporación local de Padrón celebrado en xaneiro de 2022. Foto: Alicentis

O alcalde, Antonio Fernández, destacou o forte incremento da partida destinada a asistencia a persoas dependentes e familias desfavorecidas, que pasa de 340.000 a 480.000 euros, incrementándose un corenta por certo.

Na partida de investimentos, o alcalde resaltou as obras de pavimentación e canalización de pluviais no polígono da Picaraña ou o acondicionamento interior da antiga casa Azucarera para trasladar aí a Escola municipal de Música, xunto co asfaltado e os arranxos de vías nas diferentes parroquias do municipio. O goberno local tamén continuará a renovar o alumeado público en diferentes parroquias para contribuír ao aforro enerxético e diminuír a contaminación.

O goberno local contempla seguir dotando con novos vehículos ao servizo de recollida de lixo e tamén inclúe partidas na área de turismo para a promoción do Xacobeo 2022.

Segundo anunciou o alcalde, nos próximos días vai comezar a obra de ampliación do saneamento en Herbón, Pazos, Aduana, Paraíso e Palomar, cun investimento que supera o millón cen mil euros.

Críticas do BNG

Bea Rei, Concelleira do BNG, criticou duramente un orzamento “de corta e pega que non presentan solución a ningún problema do Concello, pero que tampouco reflexan nin investimento nin proxecto de futuro”.

A Concelleira fixo mención á situación de perda adquisitiva dos traballadores “que teñen que buscar solucións nas sentencias xudiciais e cunha RPT que segue sen implantarse”. Tamén recordou o recurso do recoñecemento extraxudicial de crédito “tan vixente para este Goberno e a inexistencia das licitacións adiadas ano tras ano”.

O voceiro socialista, Camilo Forján, tamén incidiu na necesidade de licitar os servizos e criticou a falta de interés do goberno municipal en que a oposición participase na elaboración do orzamento. Tanto BNG como Psoe votaronfinalmente en contra das contas, mentres que Compromiso abstívose.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies