Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón

Padrón aproba os orzamentos a porta pechada

O concello de Padrón aprobou este luns os orzamentos 2020 nun pleno extraordinario celebrado a porta pechada.
padron-plenos-oposicion-urbanismo-slide-17-xaneiro-2019_r

Table of Contents

Toggle
  • Padrón, 7 de xullo do 2020 – O concello de Padrón aprobou este luns os orzamentos 2020 nun pleno extraordinario celebrado a porta pechada.
    • Uns orzamentos conitnuistas
    • Compromiso x Padrón
    • BNG
    • Psoe

Padrón, 7 de xullo do 2020 – O concello de Padrón aprobou este luns os orzamentos 2020 nun pleno extraordinario celebrado a porta pechada.

O equipo de goberno de Padrón non permitiu o acceso a prensa ou aos veciños e na orde do día tampouco se incluíu o apartado de rogos e preguntas. A sesión foi un simple acto de comunicación do documento.

Uns orzamentos conitnuistas

O novo orzamento de Padrón é cualificado desde o goberno municipal como “o máis social da historia” e destacan o aumento da partida destinada a asistencia a persoas dependentes en 22.000 euros. Ademais, dada a incereza na evolución da pandemia, o presuposto recolle un apartado de gastos para cubrilas necesidades sociais derivadas da crise e reserva 55.000 euros, unha subida de 28.000 € para  servizos sociais, estudos e traballos técnicos deste campo.

O documento recolle previsións económicas para a licitación do servizo de recollida de lixo, para a nova escola infantil e para a realización dun inventario municipal. Tamén se contempla a construción dunha oficina de turismo, a rehabilitación do edificio do xardín e distintas obras en camiños e estradas, todo por un importe próximo ao millón de euros.

Compromiso x Padrón

Compromiso Padrón tachou o orzamento de continuísta e sen capacidade “ao carecer de liñas básicas de xestión política nin de plan de actuación municipal”. Consideran que os cálculos de ingresos por actividades económicas ou construcións non son realistas xa que “todos coñecemos a situación real do concello cada vez máis comercios pechando, a penas hai obras maiores e case todas son obras menores e pola situación actual nin os postos do mercado, nin os postos das festas de Pascua que non se montaron nos da a nós que se poidan recadar esa cantidades”.

Compromiso vota tamén en falta partidas específicas para as diferentes parroquias; as necesarias para cubrir acordos tomados pola corporación como a substitución das tubaxes de fibrocemento ou as beiravías do Bordel; un plan de recuperación do patrimonio, de reactivación cultural e de promoción do Xacobeo ao que “non hai nin un euro destinado a promocionalo xacobeo cando Padrón e a orixe da Tradición”; ou a substitución de subvencións nominativas polas de concorrencia competitiva ” tal como establece a normativa autonómica”.

Finalmente Compromiso optou pola abstención xa que ” Ao non dársenos oportunidade de participar con propostas na redacción destes orzamentos.  O goberno municipal ten maioría absoluta porque así o quixeron os cidadáns e polo tanto decide e fai o que considera conveniente”.

BNG

O Bloque Nacionalista Galego foi moi crítico cos orzamentos presentados. Consideran que son moitas as eivas do documento presentado e que non resolven problemas repetidos como “as licitacións irregulares, as partidas de persoal, a renovación e modernización de mercado e instalacións deportivas, obras e servizos caducos, comercio e restauración, polígonos industriais, saneamento, humanización, investimento, educación, servizos sociais… etc”.

O Bloque foi o único grupo que votou en contra e calificou a sesión de “absurda” por non permitir nin preguntas, nin o acceso do público e da prensa.

Psoe

O Psoe non emitiu ningunha nota de prensa sobre o pleno e nas publicacións nas redes sociais limitáronse a criticar o retraso na convocatoria ” algo que xa tería que estar feito antes de rematar o ano 2019. Nin con maioría absoluta foron capaces de presentalo en prazo”. Os socialistas optaron no momento da votación pola abstención.

Post navigation

Previous: Tenso clima laboral no concello de Ordes
Next: Ángel Suanzes presenta en Teo o poemario ” E se a memoria está na boca”

Máis novas

A empresa do SAF en Compostela retrasa a paga da extra de xullo e o xustifica con problemas de tesourería
3 minutes read
  • Xeral

Catro empresas distintas atenden o SAF de Padrón

ministerio culturarehabilitacion casa rosalia 18 xullo 2025
3 minutes read
  • Xeral

O Ministerio de Cultura entra a formar parte do padroado da Fundación Rosalía de Castro

Un momento da subida ao monte en procesión na romaría do Santiaguiño
3 minutes read
  • Xeral

Festas do Santiaguiño en Padrón

Imaxe da presentación de Abride a fiestra na Casa de rosalía en Padrón
3 minutes read
  • Padrón

 “Abride a fiestra” regresa á Casa de Rosalía de Padrón

Imaxe pleno Padrón ano 2022
3 minutes read
  • Xeral

Continua a polémica polo caso de acoso sexual no concelllo de Padrón

Cartel da xornada as pegadas do lume en Padrón
2 minutes read
  • Xeral

“As pegadas do lume” reflexionará en Padrón sobre o último incendio

Cartel da campaña sobre o consumo responsable de auga en Padrón
4 minutes read
  • Xeral

Os concellos comezan a mirar canta auga queda

Padrón no usará pirotecnia nas festas na época de alto risco de incendios
2 minutes read
  • Xeral

Festas sen pirotecnia en Padrón

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2787) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1430) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (816) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2682) sindicatos (109) Social (561) sucesos (130) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (694) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.