Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Padrón xa ten un paseo da Constitución

padron paseo constitucion SLIDE 5 marzo 2025

Bisbarra, 5 de marzo do 2025 – O concello de Padrón ven de renomear a área recreativa na que conflúen o Sar e o Ulla como Paseo da Constitución.

Segundo o decreto asinado polo alcalde, Anxo Arca, esta decisión busca poñer en valor o legado da Constitución de 1978 e “transmitir ás futuras xeracións a importancia de defender os valores democráticos e de convivencia que esta representa”.

Desde o goberno municipal explícase que o “Paseo da Constitución converterase nun espazo de reflexión sobre a historia democrática recente e a importancia do diálogo e o consenso como elementos clave da convivencia”.

Ademais de mudar o nome, a zona contará cunha bandeira constitucional xunto a un libro pétreo gravado co preámbulo da Carta Magna, onde se recollen principios fundamentais como a convivencia democrática, a protección dos dereitos humanos e a promoción dunha sociedade máis xusta e inclusiva.

Tal e como recolle o decreto “a Constitución Española de 1978 supuxo un avance determinante na configuración do noso Estado tal e como hoxe o coñecemos”. O documento lembra que a aprobación deste texto legal consolidou os principios da soberanía nacional, o respecto aos dereitos e liberdades individuais, a igualdade ante a lei e o recoñecemento da diversidade cultural e territorial de España.

A nova denominación do paseo “reflicte o compromiso do Concello de Padrón cos valores democráticos e coas institucións que fixeron posible o progreso do país”.

O cambio de nome afecta ao tramo comprendido entre a última ponte sobre o río Sar ata a intersección co vial de Paraíso, A Ponte, seguindo a beira do litoral. Parte deste espazo foi acondicionado no marco do Proxecto de recuperación da servidume de tránsito no T.M de Padrón da Demarcación de Costas en Galicia.

Post navigation

Previous: 8 galegas que moveron os marcos
Next: A asociación morta asociación posta

Máis novas

bisbarra eleccions e lista 14 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: tambores de eleccións, os partidos moven fichas

frades oroso obra enlace 14 outubro 2026 (3)
3 minutes read
  • Xeral

Frades e Oroso arranxan a estrada de O Fontelo a A Igrexa

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (49) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (950) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (703) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.