Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Música, cine e teatro no Outono Cultural de Padrón

padron outono cultural 27 outubro 2025

Padrón ven de anunciar a programación do Outono Cultural 2025, unha ampla oferta de actividades que inclúen cine, música e teatro durante os meses de outubro, novembro e decembro.


O Outono Cultural de Padrón é unha cita consolidada no calendario da vila. Unha programación que conta co apoio da Deputación da Coruña e coa inclusión na Rede Cultural do organismo provincial.

A programación iniciouse xa coa Mostra de Cine en Galego, que incluíu a proxección da película Antes de Nós e dos documentais A poeta analfabeta e A loita final. As sesións completáronse con coloquios con creadores e con proxeccións infantís para o público máis novo, consolidando unha primeira cita que terá continuidade nos vindeiros anos.

Nos próximos meses, o Auditorio Municipal de Padrón acollerá un amplo abano de propostas culturais. Todos os espectáculos celebraranse ás 19:00 horas.

O venres 7 de novembro abrirá o escenario a compañía Teatro MoRRAconto coa obra Tromsø, nunha xornada na que tamén se entregará o Premio Maruxa Villanueva 2024 a Lidia Veiga, protagonista do espectáculo. O sábado 8 será a quenda da Asociación Cultural Charamela, que representará a peza E parecía parvo!.

O venres 14 proxectarase o documental Prisciliano e a Gallaecia, que debuxa o perfil desta figura histórica a través dun percorrido polos xacementos arqueolóxicos vinculados á súa vida. A sesión contará cun coloquio no que participarán o director, Aser Álvarez, e o historiador e arqueólogo Diego Piay. O sábado 15 será a Banda de Música Municipal de Padrón a encargada de ofrecer o tradicional concerto de Santa Icía.

O venres 21 subirá ao escenario Teatro Malasombra coa obra Testosterona, unha comedia que aborda a desigualdade laboral a través da historia de dous subdirectores que compiten por un posto de máxima responsabilidade. O sábado 22 celebrarase un concerto de corais coa participación da Coral Polifónica de Tomiño, a Coral Polifónica de Silleda e a Coral Polifónica Padronesa.

O venres 28 será a compañía Teatro aAntena quen poña en escena Golpes, un espectáculo íntimo que reflexiona sobre a violencia machista. O sábado 29 terá lugar un concerto da Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela.

Humor e tradición nas propostas do mes de decembro

O sábado 6 de decembro representarase Os dous de sempre, unha nova adaptación teatral da única obra narrativa escrita por Castelao, a cargo de Producións Excéntricas e interpretada polo dúo cómico Mofa & Befa, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, baixo a dirección de Quico Cadaval.

O venres 12 será a quenda do documental Lévame a idea, que rende homenaxe ás creadoras e divulgadoras da música de tradición oral galega. O sábado 13 pechará este bloque a Asociación Teatral O Aturuxo de Melpómene coa representación de A pena do cu do mundo, unha comedia musical con textos e dirección de Leandro Lamas.

Co Outono Cultural 2025, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa cultura como ferramenta de cohesión social e de posta en valor da identidade local. Esta programación aposta pola lingua galega, pola creación escénica e pola música como espazos de encontro entre xeracións e como parte esencial da vida comunitaria.

Post navigation

Previous: V Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” en Ames
Next: Un futuro industrial sostible na Maker Faire Galicia

Máis novas

diego luis diaz alcalde val do dubra primer plano 5 outubro 2026
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Diego Luís Díaz, alcalde de Val do Dubra

a banha nova umeracion 5 outubro 2026
3 minutes read
  • A Baña

A Baña prepara a nova numeración municipal en 11 parroquias

santa comba mellora de viarios 5 outubro 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Santa Comba licita a mellora de viarios

museo do pobo programacion slide otubro (3)
6 minutes read
  • Xeral

Outubro no Museo do Pobo Galego

ateneo avaro ortiz 5 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Álvaro García Ortiz da unha conferencia no Ateneo

deputacion-variante-cacheiras-slide-18-outubro-2018_r
2 minutes read
  • Xeral

Problemas nas obras da variante de Cacheiras

compostela-transporte-urbano-slide-30-agosto-2022_r
2 minutes read
  • Xeral

O concello de Teo esixe manter a liña 12 do urbano de Santiago

usc territorios que lideran 2 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

A USC impulsa o Foro “Territorios que lideran”

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2814) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (449) Educación (776) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (823) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (735) Politica (949) saúde (533) Servizos (2698) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (585) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.