Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Os orzamentos de Padrón vinculados a unha cuestión de confianza

concello de Padrón

O goberno socialista, en minoría, de Padrón, vinculará a unha moción de confianza a aprobación dos orzamentos 2025 ao igual que fixo o de Dodro.

concello de Padrón

Mentres Compostela celebraba o día grande da Ascensión o concello de Padrón debatía en pleno os orzamentos municipais. Un presuposto que finalmente foi rexeitado pola oposición e que será vinculado a unha cuestión de confianza tal como avanzou o alcalde Anxo Arca.

O pleno pódese ver integro en YouTube na canle do BNG xa que non se grava de xeito oficial. Previamente o equipo de goberno socialista enviará copia dos orzamentos o Bloque pero os nacionalistas votaron en contra pola falta de concreción do documento.

O debate sobre o orzamento non se prolongou xa que o alcalde, Anxo Arca, axustouse aos tempos previstos no regulamento sen deixar moita marxe. O BNG recriminou ao goberno municipal que o orzamento resolva moitas partidas coa frase “otras inversiones nuevas vinculadas al funcionamiento operativo”.

Os nacionalistas concretaron na segunda quenda a súa principal queixa: comprenden que haxa que deixar partidas para o que poda xurdir pero non pode ser todo. Lembraron ademais que se contrataba en exceso a empresas privadas e que en dous anos non se sacara ningunha licitación.

O interventor interveu para aclarar que o feito de non se concretaran as partidas non era ilegal xa que estaban vinculadas a unha programación. Puxo como exemplo que estaban vinculadas a servizos sociais, ou a protección civil, alcantarillado… e polo tanto estaban dentro da legalidade.

O Partido Popular pola súa banda falou da parte económica e lembrou que este era o orzamento máis caro da historia e que só en persoal e gasto corrente sube un millón de euros. Na segunda quenda engadiu que os impostos directos e indirectos subían un 8% e os ingresos por taxas e prezos públicos un 12%, subas que pagará a veciñanza.

O alcalde, Anxo Arca, recriminoulle ao BNG que non presentaran propostas para o orzamento cando eles, o Psoe, enviaranlle o proxecto de orzamentos elixíndoos como socios preferentes. Sobre a falta de licitacións Arca lembrou que levaban só dous anos “o PP levaba 12 e tampouco fixeran ningunha” dixo.

Antes da votación o alcalde xa anticipou que o orzamento tería que ir vinculado a unha moción de confianza. Queda por saber cando se convocará ese pleno no que podería abrirse a posibilidade dunha moción de censura que, en todo caso, non parece probable.

Post navigation

Previous: Vagalumes organiza o roteiro Coto
Next: As familias do IES de Brión denuncian a falta de recursos

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.