Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Axenda
  • Padrón
  • Xeral

Mes de Rosalía en Padrón

Padrón ven de presentar a programación do Mes de Rosalía que celebrará o seu día grande o vindeiro 23, data do nacemento da insigne poetisa.
padron-mes-de-rosalia-slide-7-febreiro-2024_r

Bisbarra, 7 de febreiro do 2024 – Padrón ven de presentar a programación do Mes de Rosalía que celebrará o seu día grande o vindeiro 23, data do nacemento da insigne poetisa.

A programación foi presentada na Casa de Rosalía coa asistencia do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e a concelleira de Educación e Servizos Sociais, Mariló Saco, xunto ao secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente do Padroado da Casa de Rosalía, Anxo Angueira.

O acto central do Mes de Rosalía será, unha vez máis, a ofrenda floral que se desenvolverá o propio 23 de febreiro diante da estatua de Rosalía de Castro no Paseo do Espolón. Este acto institucional, que se levará a cabo a partir das dez da mañá e no que participa alumnado dos institutos Camilo José Cela e Macías o Namorado, inclúe unha alborada co grupo de gaitas Carapaus e a intervención de diversas autoridades.

Xa ao mediodía, a celebración continuará cun pasarrúas no que, ademais dos Carapaus, contará con cabezudos e a xigante Rosalía, cedida polo Concello de Rianxo. Tamén se sumarán á festa unha vez máis restaurantes e bares de Padrón, que ofrecerán á súa clientela a posibilidade de degustar un Caldo de Gloria inspirado no que Rosalía loaba no seu poema ‘Miña casiña  meu lar’. Nestes establecementos haberá tamén pequenas representacións do grupo de teatro Os Quinquilláns a partir das 20.00 horas.

O Caldo de Gloria será así mesmo o gran protagonista do acto que se desenvolverá na Casa de Rosalía ás 19.00 horas e que será elaborado por Suso, do Dezaseis, e a cantante Uxía. Un concerto de Faia, programado para as 20.00 horas, poñeralle a guinda o día.

A programación do Mes de Rosalía, realizada en colaboración coa Casa de Rosalía, iniciarase xa este xoves 8 de febreiro coa inauguración da exposición Herbario de Rosalía. Trátase dunha recompilación de imaxes de ata un total de corenta plantas e flores mencionados pola autora en diversas pasaxes da súa obra e que poderá verse de xeito gratuíto no claustro do convento do Carme ata o domingo 25 de febreiro no seguinte horario: de martes a venres, de 17.00 a 19.00 horas e sábados e domingos, de 11.00 a 13.00 horas.

O mércores 21 de febreiro, a rapazada de primeiro, segundo e terceiro de primaria dos colexios Flavia e Rosalía de Castro será o que teña a oportunidade de achegarse á figura da escritora a través do espectáculo de monicreques ‘A viaxe de Rosalía, que Larraitz Urruzola poñerá en escena no Auditorio Municipal.

Ao día seguinte, xoves 22, terá lugar a presentación do libro ‘Konpostela’, o poemario co que o escritor e enxeñeiro Francisco Javier Fernández Davila se erixiu en gañador da novena edición do certame poético Rosalía de Castro, convocado polo Concello de Padrón.

Como remate da presentación, que se desenvolverá no Auditorio, proxectarase a curta ‘A rosa incandescente’, proxecto que se aproxima a Rosalía dun xeito cercano e directo e que nos conta, coa voz da autora, algúns aspectos fundamentais da súa obra.

Os actos que teñen como protagonista a Rosalía rematarán na fin de semana do 24 e 25 de febreiro. O sábado 24, baixo a organización da Asociación Cultural Rosalía de Castro, asistirase a unha nova edición da Gala Rosalía Foliadeira. A cita terá lugar no Auditorio a partir das 19.30 horas. Xa o domingo 25, tamén no Auditorio, un concerto da Banda de Música Municipal pechará a programación do Mes de Rosalía en Padrón.

Promoción do libro en galego

Para celebrar o Día de Rosalía e promocionar a lectura en galego, a Xunta repartirá vinte  mil exemplares de ‘Celebramos Rosalía’, unha antoloxía de textos rosalianos realizados por Anxo Angueira coa que se obsequiará a todas as persoas que entre o 6 de febreiro e o 3 de marzo compre un libro en galego.

Post navigation

Previous: A ANPA Xallas, do Barrié de la Maza de Santa Comba, reclama a rehabilitación integral do colexio
Next: O Pedroso xa ten un “Miradoiro das estrelas”

Máis novas

Teo lugar no que se situaría a planta de residuos de Cacheiras
4 minutes read
  • Xeral

Segue a preocupación en Cacheiras, Teo, pola instalación da planta de reciclaxe

compostela vista posterior pazo raxoi imaxe google maps
3 minutes read
  • Compostela

Compostela recepcionará as obras do Pazo de Raxoi

granell slide
2 minutes read
  • Axenda

Alejandra Pombo presenta na Granell “o que me mira rodeándome”

Presentación en Melide a campaña "No caminas sola" do Miisterior del INterior
3 minutes read
  • Xeral

“No caminas sola”, prevención nos Camiños a Santiago

Presentación en Compopstela do manifesto "Por u monte galego con futuro"
13 minutes read
  • Xeral

Por un monte galego con futuro

Ortoño celebrará o vindeiro domingo vinte anos da Festa do Courizo ao Viño. Organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño degustará tamén orella cocida e todo com guarnición de cachelos.
4 minutes read
  • Xeral

XX Festa do Chourizo ao Viño de Ortoño

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o chef Álex Iglesias presentaron os “Tardeos no Pico Sacro”, unha iniciativa do Concello para poñer en valor o seu enclave turístico máis importante, que acaba de ser elixido pola Xunta para converterse en Ben de Interese Cultural, a través dunha nova e completa oferta cultural, turística e gastronómica.
4 minutes read
  • Axenda

“Tardeos no Pico Sacro” a proposta de Boqueixón para un verá diferente

Os alcaldes de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e Touro, José Manuel Reboredo, nunha das zanxas de canalización de auga
4 minutes read
  • Boqueixón

Boqueixón e Touro colaborarán no abastecemento de auga potable

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2082) Ciencia (115) Comercio e empresa (662) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2768) Curtocircuito (40) Deportes (748) Economía (449) Educación (771) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (608) Festivais (835) Galego (143) Institucións (1427) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1616) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (810) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (726) Politica (942) saúde (527) Servizos (2670) sindicatos (109) Social (549) sucesos (128) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (690) Turismo (222) Universidade (579) urbanismo (260) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.