займ срочно

O “alegal” mercado de Padrón. Ameazas, denuncias e escurantismo.

0

Bisbarra, 25 de xaneiro do 2023 – O mercado de Padrón leva anos sendo o centro das críticas dos vendedores, da oposición e da veciñanza e segue sen un regulamento legal.

A estas críticas ha que sumar dous artigos da ordenanza que contradín a normativa autonómica. A posibilidade de transferir as licencias e a duración das mesmas son artigos que sitúan ao mercado de Padrón na alegalidade.

Pero a situación de caos non acaba aí. Os postos dun mercado están obrigados a ter a  licencia á vista, cousa que non ocorre no de Padrón. No 2019 o concello deixaba de enviar á policía local e contrataba a unha empresa que se encargaría de recoller os datos dos postos, situalos nun mapa para que, posteriormente, se outorgaran as licencias. O contrato era por un ano pero o informe segue sen estar rematado. 

A situación e que ninguén sabe si se está cobrando o canon aos postos; ninguén pode asegurar que os postos sexan legais e ninguén garante que o que usa o espazo tivera en algunha ocasión licencia. A maiores a empresa encargada de exercer o control non ten capacidade legal para impoñer sancións como si tería a policía local.

Ameazas, denuncias e escurantismo

En este mercado vende desde hai máis de trinta e cinco anos Francisco Romero. A súa loita contra a venda ilegal, en xeral, e contra o concello de Padrón, en particular, comezou hai anos e desde a Xunta de Galicia ata o Valedor do Pobo téñenlle dado a razón.

No último ano o tema complicouse aínda máis polos artigos que mencionamos ao principio do artigo. Por cuestións de saúde Romero viuse obrigado a transferir a licencia a súa muller nun primeiro momento. Ao ter ela tamén que coller unha baixa acabou transferindo a licencia a nome dunha empregada que ten contratada como fixa desde hai anos.

A ordenanza municipal impide as transferencias pero a autonómica, de rango superior, considera que é suficiente cunha comunicación ao concello tal e como nos explica Francisco Romero.

A empregada de Francisco Romero xa entregou a documentación necesaria en dúas ocasións pero segue sen recibir resposta. A lentitude da tramitación non é exclusiva de Padrón pero en casos como este os prexuízos son evidentes.

O vendedor conseguiu que o alcalde, Antonio Fernández, recoñecera que a transferencia era posible. Ao mesmo tempo envioulle unha carta na que di que as licencias son por un ano pero sen embargo a normativa da Xunta sitúa a duración en cinco anos.

En este punto Francisco Romero conseguira que o alcalde, por medio dun decreto, o autorizara a consultar toda a documentación sobre o mercado durante dez días en horario de 9 a dúas. Romero quería coñecer o contrato da empresa que realizaba o informe para saber en que punto estaba, si os prazos se cumprían e cando tería a licencia de forma correcta.

O concelleiro responsable da área, Javier Guillán, convocara a Romero para tratar o tema e este martes o vendedor acudiu coa intención de aclarar todo. A reunión non acabou de todo ben xa que o concelleiro negouse a dar copia do contrato coa empresa e presuntamente ameazou ao vendedor con levantarlle o posto do mercado. Cando Romero pediu que se lle dera por escrito esa presunta ameaza o concelleiro chamou á policía local para votalo

O vendedor acabou chamando a Grada Civil que acudiu ás portas do concello. Alí Francisco Romero explicoulle o que sucedera e hoxe ten a intención de interpoñer unha denuncia contra o concelleiro por ameazas.

Lindeiros consultou co concello para coñecer a súa versión. Segundo o concelleiro “Como en secretaría lle dixeron que o que el pedía non se podía facer, veu ao meu despacho cunha actitude pouco conciliadora. Despois dun tempo máis que prudencial, e tendo en conta o seu comportamento, seguindo indicacións de Secretaría chamamos á Policía Local para que o desaloxara do edificio”.

concello de Padrón

Desde o BNG a súa voceira, Beatriz Rei, explica que “non hai escusa para tratar así a ningún traballador, e menos ao representante de un sector que axuda a atraer visitantes todos os domingos a Padrón e a revitalizar polo menos un día a un concello, non podemos permitirnos que se siga deteriorando o mercado, e mantendo xa durante máis de 4 anos aos seus ocupantes na máis indigna inseguridade, xogando co seu pan”.

Rei anunciou que na cúa condición de concelleira vai solicitar os expedientes anteriormente negados e concluíu afirmando que “este xeito de actuar, se ben lle pode valer ao goberno para gañar tempo, son nefastos para a veciñanza de Padrón, que despois de ver como se gastaron aproximadamente 72000 euros nestes contratos, o problema sigue persistindo, a feira dominical en perigo, por iso, no próximo pleno solicitaremos explicacións e a asunción de responsabilidades por quen executa prácticas máis próximas ao caciquismo que se pretendía desterrar cas dun goberno responsable e transparente”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies