Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

A ampliación da depuradora de Padrón podería rematarse antes dun ano

padron nueva depuradra SLIDE 10 maz 2025

Un investimento de nove millóns de euros para conseguir dar servizo a unha poboación de 90.000 persoas

Ánxeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático,  visitou as obras de ampliación da estación de tratamento de auga potable de Padrón. A responsable avanzou que a Xunta conta con rematar a mellora da depuradora nun ano. Uns traballos que beneficiarán a toda a marxe dereita da ría de Arousa.

As obras comezaron o pasado mes de setembro e, ao seu remate, permitirán incrementar a capacidade actual de tratamento de auga da depuradora nun 40 %, ata acadar os 610 litros por segundo.

Durante a visita Ángeles Vázquez destacou a transcendencia desta actuación non só para a veciñanza de Padrón senón para a do resto de municipios da contorna para os que foi concibida: Dodro, Catoira, Valga, Ribeira, Pontecesures, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Vilagarcía de Arousa.

A responsable autonómica explicou que a execución da ampliación da depuradora se enmarca no convenio de colaboración subscrito en decembro do ano 2022 entre o organismo hidráulico e o Concello de Padrón e suporá un investimento de arredor de 9 millóns de euros, entre custos da obra e dos servizos asociados, que achegará integramente o Executivo galego.

A depuradora de Padrón, localizada preto do núcleo de Casal, nas proximidades do río Ulla, está operativa desde o ano 1996 polo que resultaba necesario acometer a súa ampliación. Os terreos requiridos para as obras foron adquiridos pola Mancomunidade do Monte Veciñal Lapido, á que Ángeles Vázquez agradeceu a súa colaboración.

O obxectivo da actuación é ampliar a capacidade de tratamento actual da estación para pasar dos 450 litros por segundo que ten hoxe ata os 610 l/s, é dicir, un incremento do 40 % que beneficiará a 10 concellos da ría de Arousa, que suman case 90.000 habitantes equivalentes.

Ademais, aproveitarase a obra para dotar á infraestrutura dun sistema para a recuperación do auga de lavado de filtros, así como dun tratamento de lodos, dun sistema de control que integre tanto os equipos existentes como os da ampliación e un circuíto de vídeo vixilancia.

Tamén se actuará sobre a rede de distribución con reparacións estruturais nos depósitos de cabeceira do Casal, aos que se dotará así mesmo dun instrumento para medir o caudal de saída en continuo, así como dun sistema de medición da calidade da auga nos puntos de entrega en alta

Post navigation

Previous: Teo Turismo 2025, unha campaña para difundir o concello
Next: Os veterinarios tamén se manifestan

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.