Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

O Ministerio de Cultura apoiará a rehabilitación da Casa de Rosalía

ministerio culturarehabilitacion casa rosalia 18 xullo 2025

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, anunciou o investimento durante unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón

O ministro de Cultura, Ernest Urtasun, visitou a Casa Museo de Rosalía de Castro, xestionada pola Fundación Rosalía de Castro, en Padrón, no lugar da Matanza.

Durante a súa visita, Urtasun anunciou o inicio dunha colaboración entre ambas as institucións coa finalidade de comezar o proxecto de rehabilitación dunha das edificacións do complexo. 

O ministro de Cultura destacou que esta colaboración responde ao “compromiso do Ministerio de Cultura co proxecto da Fundación Rosalía, co seu apoio á difusión da obra e a figura de Rosalía, pero tamén da lingua e a cultura galegas”.

Ademais, incidiu en que “queremos que ese labor teña continuidade e teña respaldo por parte do Ministerio, e por iso queremos participar e apoiar o proxecto de reforma do edificio anexo, o Edificio Murguía”.

A Casa Museo de Rosalía de Castro está formada por un conxunto de edificacións. A principal, coñecida como Casa da Matanza, foi fogar do poeta e a súa familia, e a ela súmase outra construción datada nos anos 70 do século pasado, complementaria ao museo, coñecida como Edificio Murguía. 

Este inmoble, utilizado para acoller as actividades culturais, educativas e de investigación que se realizan no museo, presenta algunhas deficiencias estruturais que se deben rehabilitar. Por isto, o Ministerio de Cultura investirá 50.000 euros no deseño do plan de recuperación e rehabilitación deste inmoble.  

Desta forma, o Ministerio de Cultura apoia a Fundación Rosalía de Castro e as súas actividades ao redor da figura do poeta, ademais de sumarse á protección do legado de Rosalía de Castro, unha das figuras literarias máis relevantes de Galicia e España.

Post navigation

Previous: O Polígono da Sionlla terá unha entidade de conservación
Next: O máis lido en Lindeiros do 14 ao 18 de xullo do 2025

Máis novas

U dos novos autobuses do transporte urbvano de Santiago coa nova imaxe que terán
1 minute read
  • Xeral

Desbloqueado o novo transporte urbano de Compostela

NOGA, colectivo de narración oral galega, traballa baixo o lema “Somos o que contamos”
3 minutes read
  • Xeral

Xornadas sobre narración galega en Padrón

Compostela-semana-patrimonio-invisible_131352-slide_r
7 minutes read
  • Axenda

Descubrindo o patrimonio de Compostela

Casa Consistrorial de brion
3 minutes read
  • Brión

Denuncian os prexuízos dos cambios no Bono Concilia

estrada Santiago a Portodemouros
2 minutes read
  • Xeral

A Deputación licita a mellora da estrada de Santiago a Portomouro

Melide asina convenio coa asociacion Melisa
4 minutes read
  • Xeral

Melide e a asociación MeLiSA facilitan o acceso á tecnoloxía

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba
3 minutes read
  • Santa Comba

Actos vandálicos na Casa da Mina de Santa Comba

O concello organiza un curso para incorporarse á cociña colaborativa do coworking
2 minutes read
  • Axenda

“Transformando en Brión” convoca un curso de formación

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2084) Ciencia (115) Comercio e empresa (663) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2792) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (772) eleccions (44) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (836) Galego (145) Institucións (1432) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1618) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (817) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (730) Politica (942) saúde (529) Servizos (2685) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.