Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Onde morren o Sar e o Ulla

Padrón remata as obras de embelecemento na área recreativa da desembocadura

Bisbarra, 10 de decembro do 2024 – O concello de Padrón ven de rematar as obras de melloras na área recreativa na que desembocan os ríos Sar e Ulla.

Os traballos no remate do Sar e o Ulla foi converteron o lugar nun punto de referencia para o lecer, o turismo e a posta en valor do patrimonio local. As actuacións realizadas incluíron a eliminación de elementos en mal estado como barandillas, fontes e equipamentos do antigo parque infantil; a recuperación das sendas e a eliminación de herbáceas para facilitar o acceso e mellorar a seguridade e a plantación de árbores autóctonas.

Colocáronse ademais novas fontes, incluíndo unha adaptada para cans, e instalouse novo mobiliario urbano dende bancos de pedra a barandillas renovadas. O plan de mellora tamén incluíu a creación dun parque infantil para maiores de 6 anos, fabricado con materiais reciclados, así como a construción dun pequeno auditorio de pedra, deseñado para eventos de pequeno formato onde se pode observar o solpor.

Esta área padronesa conta así mesmo cunha nova estrutura decorativa en forma de dorna, que lembra as embarcacións tradicionais empregadas na pesca na zona. Esta estrutura, co lema Díxolle a lamprea ao salmón: ti vas río arriba ou quedas en Padrón?, está pensada como un atractivo turístico e un espazo para fotografarse coas vistas da confluencia dos ríos Sar e Ulla.

Financiamento europeo

O proxecto levaba por título “Embelecemento do litoral na área recreativa da desembocadura” e recibiu un investimento de 60.080,54 euros. Trátase dunha área recreativa na zona na que rematan o seu percorridos os ríos Sar e Ulla.

O financiamento forma parte, nun 90%, das axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego incluídas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU. O dez por cento restante cubriuse con fondos municipais.

A concelleira de Turismo, Chus Campos, destacou a importancia deste proxecto que amosa “o compromiso do goberno municipal co patrimonio natural e cultural de Padrón”. “O obxectivo destas actuacións foi embelecer esta zona tan emblemática, ao tempo que creamos un espazo versátil que poida ser aproveitado tanto para o lecer como para actividades culturais e turísticas. Co novo auditorio ou o parque infantil, queremos que esta área sexa desfrutada por persoas de todas as idades”.

Post navigation

Previous: Sen medo. A edición 13 do Mercado da Estrela desde o 13
Next: Tarxetas de Nadal con D.O. en Rois

Máis novas

no adscritas sabugueir labacollla 9 de outubro do 2026
6 minutes read
  • Xeral

Críticas ao PIA de Sabugueira, en Compostela

composyela transitos fest 9 outubro 2026
4 minutes read
  • Xeral

Tránsitos Fest

USC LEGO SERIOUS PLAT 8 DE OUTUBRO DO 2026 (1)
2 minutes read
  • Xeral

Emprender xogando con Lego e a USC

AMES CONTRATO DE MANTEMENTO DE LUMINARIAS 8 DE OUTURBRO DO 2026
4 minutes read
  • Xeral

Ames presenta o novo servizo de mantemento do alumeado público

compostela reapertura museo de maxia 18 novembro 2025 (1)
3 minutes read
  • Xeral

O Museo da Maxia de Galicia crea unha Escola de Maxia 

brion orzamento 07 outubro 20026
3 minutes read
  • Brión

Brión quere aprobar hoxe o orzamento máis alto da súa historia

touro visitas patrimnio slide 7 outubro 2026
2 minutes read
  • Xeral

Touro descobre o seu patrimonio oculto

amea maxia sñide 7 outubro 2026
6 minutes read
  • Xeral

XXI Festival Internacional de Maxia de Ames

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (665) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2818) Curtocircuito (40) Deportes (750) Economía (450) Educación (777) eleccions (48) Emprego (244) Entroido (42) Festas e Feiras (622) Festivais (837) Galego (146) Institucións (1439) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1622) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (824) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (736) Politica (949) saúde (533) Servizos (2699) sindicatos (109) Social (563) sucesos (133) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (702) Turismo (223) Universidade (586) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.