Skip to content
Lindeiros

Lindeiros

Lindeiros, o xornal da bisbarra de Compostela e da súa capital,

Primary Menu
  • Xeral
  • Axenda
  • Concellos
  • Contacta
  • Padrón
  • Xeral

Loito oficial no concello de Padrón polo pasamento de Pepe Domingo Castaño

O concello de Padrón declarou o día de hoxe loito oficial polo pasamento do locutor Pepe Domingo Castaño.
padron-loito-pepe-domingo-castanho-slide-19-setembro-2023_r

Bisbarra, 19 de setembro do 2023 – O concello de Padrón declarou o día de hoxe loito oficial polo pasamento do locutor Pepe Domingo Castaño.

De Anual – Trabajo propio, CC BY-SA 3.0,

O alcalde da vila, Anxo Arca, asinou un decreto tralo acordo unánime adoptado polas tres forzas políticas da Corporación tras a celebración dun pleno, que comezou cun minuto de silencio. O acordo fíxose visible de inmediato coas bandeiras dos edificios públicos municipais ondeando a media hasta.

Pepe Domingo Castaño morreu en Madrid na madrugada deste domingo 17 de setembro aos 80 anos de idade. O célebre xornalista, que naceu en Lestrobe (Dodro) o 8 de outubro de 1942, trasladouse aos poucos días coa súa familia a vivir á zona vella de Padrón.

Castaño Solar tivo unha longa traxectoria profesional no mundo audiovisual como presentador de radio e televisión, cantante e escritor. Entre os premios acadados ao longo da súa carreira están 4 premios “Ondas”. Recibindo tamén el “Premio Nacional a las Artes y las Ciencias aplicadas al deporte” e o “Premio Joaquín Prat de Radio” outorgado pola Academia Española de la Radio.

Como escritor publicaba no 2006 “Carrusel deportivo. Diario de un año”, no 2008 “Debajo de la parra” e o ano pasado un premonitorio “hasta que se me acaben las palabras”.

O decreto da Alcaldía recolle que Pepe Domingo Castaño nunca deixou de estar fortemente ligado a Padrón, onde reside gran parte da súa familia, sendo un grande embaixador da vila e dos seus recursos culturais, naturais, literarios e gastronómicos, aos que facía referencia publicamente sempre que tiña ocasión.

Era habitual velo nas festas de Pascua ou no Santiaguiño, acompañado en moitas ocasións de persoeiros e artistas de nivel nacional así como os seus compañeiros da radio.

O alcalde, Anxo Arca, trasladoulle á familia de Pepe Domingo Castaño as condolencias en nome de toda a veciñanza de Padrón.

Post navigation

Previous: Compostela analiza coa Deputación as cuestións máis urxentes
Next: Alcaldesas: Lucía Calvo, Teo

Máis novas

Compostela acolle do 16 ao 19 de setembro o Hola Nola Lab Fest traendo a Santiago unha parte de Nova Orleans.
4 minutes read
  • Axenda

Hola Nola Lab Fest

Using the appearance options below will override the global Appearance settings.
3 minutes read
  • Xeral

Artesanamente, Compostela é artesanía

As obras de Brión corresponden ao POS + Adicional 2/2026 e mellorará os accesos a trece aldeas
3 minutes read
  • Xeral

Máis de medio millón de euros para 13 aldeas de Brión

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela
3 minutes read
  • Xeral

“Debaixo do lavadoiro había un anillo d´ouro”, fotografía contemporánea en Compostela

A Concellería de Acción Social, Cultura e Servizos á Cidadanía do Concello da Baña pon en marcha un novo ciclo de monólogos
2 minutes read
  • Xeral

Ciclo de monólogos na Baña

Imaxe do IES que será reformado
3 minutes read
  • Xeral

A Comunidade Escolar do IESP de Ames cuestiona a legalidade do cambio de horario

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación
3 minutes read
  • Xeral

Municipais 2027: Pedro Blanco, candidato socialista en Compostela, reúnese cos medios de comunicación

15 DJs, selectoras e coleccionistas en tres xornadas dedicadas á cultura do disco como parte do WOS
3 minutes read
  • Xeral

O WOS Festival incluirá o evento Muelle 1931 Shop

Etiquetas

25N (53) alcaldes (78) asociacións e fundacións (2085) Ciencia (115) Comercio e empresa (664) Coronavirus (278) Crechas (38) Cultura (2797) Curtocircuito (40) Deportes (749) Economía (449) Educación (773) eleccions (45) Emprego (241) Entroido (42) Festas e Feiras (619) Festivais (837) Galego (145) Institucións (1433) lixo (88) Mancomunidade de Ordes (45) Mandingo (92) Medio Ambiente (1619) muller (187) Nadal (200) Obradoiro Cab (79) o máis lido da semana (55) Patrimonio (818) Plataforma Casalonga limpa de residuos (81) Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino NON (42) Plenos (731) Politica (944) saúde (531) Servizos (2690) sindicatos (109) Social (563) sucesos (131) Tabernalia (184) Tecnoloxía (46) Transporte e estradas (696) Turismo (222) Universidade (582) urbanismo (264) xuntas de goberno (37) Xustiza (120)
  • Facebook
  • X
  • Instagram
  • BSky
  • Youtube
  • Whatsapp
Copyright © 2026 All rights reserved. | MoreNews by AF themes.

We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy

Configure cookies

Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.

Help measure site usage and improve its content.

Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.

Store preferences or enable non-essential external content.